PUBLICIDADE
Venres, 19 de marzo de 2010
PREGUNTA NO SENADO
O Bloque pide unha Axencia de Protección de Datos propia

Redacción .  A Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) tarda en resolver as denuncias por videovixilancia até 23 meses. O senador Xosé Manuel Pérez Bouza alerta que durante ese tempo 'pódense estar a vulnerar os dereitos dos cidadáns'.

Reloxo 16.06.2008 | 17:08

Cámara de videovixilancia Cámara de videovixilancia. Flickr: Quam 07 O político nacionalista lembra nunha iniciativa no Senado que a AEPD “acumula un atraso excesivo na tramitación de expedientes, especialmente os referidos a denuncias por videovixilancia irregular, que poden tardar até 23 meses en tramitarse”.

Osenador denuncia que esta demora é “inaceptábel, xa que durante este período pódense estar vulnerando os dereitos fundamentais dos cidadáns. O político alerta da falla de persoal da Axencia “xa que na actualidade so conta con 14 inspectores para todo o territorio estatal”.

Creación dunha Axencia Galega de Protección de Datos

Ante esta situación, Xosé Manuel Pérez Bouza solicítalle ao Goberno que incremente os medios da AEPD e que descentralice a súa actividade, permitindo a creación dunha Axencia Galega de Protección de Dados, “unha demanda que se vén pedindo en Galiza dende hai anos”.

Por último, o senador do BNG demanda información sobre a actividade da AEPD en Galiza e no Estado durante o pasado ano 2007 e no que vai de 2008.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río