PUBLICIDADE
Venres, 19 de marzo de 2010
unha obra de Santiago Prol editada por A Nosa Terra
Presentada a biografía de Benigno Álvarez en Maceda

A. C. Edicións A Nosa Terra presentou o pasado venres o libro 'Benigno Álvarez, un comunista na Galiza dos trinta', do que autor o historiador Santiago Prol (Maceda, 1960).

Reloxo 16.06.2008 | 11:20

Presentación en Maceda da Biografía de Benigno Álvarez Presentación en Maceda da Biografía de Benigno Álvarez. Antonio Cendán

Ante algo máis dun cento de persoas, que se deron cita no castelo medieval da localidade ourensá de Maceda, presentouse o libro “Benigno Álvarez, un comunista na Galiza dos trinta”, do que autor o historiador ourensán Santiago Prol. Este novo título foi publicado por Edicións A Nosa Terra, dentro da súa colección O Fardel da Memoria. Á presentación desta nova publicación asistiron tamén o Conselleiro delegado de Promocións Culturais Galegas, o xornalista Alfonso Eiré; o historiador, Francisco Carballo, o delegado provincial de acción social da Xunta de Galicia, Bieito Seara e o alcalde de Maceda, Xabier Oviedo.

Todos os que interviñeron no acto coincidiron en destacar na necesidade e oportunidade desta nova publicación que recupera e intenta devolverlle parte da dignidade perdida o primeiro organizador do Partido Comunista en Galiza, Benigno Álvarez. Pola súa parte, o investigador Santiago Prol dixo, dun xeito rotundo, que este “é un libro de lembranza e non de vinganza”.

Prol sinalou tamén que trataba de recuperar a honra dun home que foi asasinado nos primeiros meses da guerra civil, que como consecuencia da súa participación en política durante a Segunda República non só sufríu el os avatares da brutal persecución dos sublevados, senón tamén a súa familia, xa que sete membros da mesma foron executados entre 1936 e 1939. Mentres, o seu fillo Ícaro aparecería morto nun piso da capital ourensá, ao parecer, por problemas de inanición.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río