Redacción . Arda logrou o 1-2 definitivo para Turquía diante de Suíza no desconto, cando os suízos xa estaban a pensar nas posibilidades de clasificarse tras o terceiro encontro, fronte a Portugal. Con este triunfo, os euroasiáticos empatan con Chequia no segundo posto do grupo A.
Turquía logrou remontarlle a Suíza en terreo hostil. Pese a que o campo St. Jakob-Park de Basilea estaba ateigado de seareiros locais, o equipo visitante conseguiu librarse aos poucos da presión e obrigar os helvéticos a un desgaste baixo a chuvia que acabou por prexudicalos no marcador. Con todo, Suíza puxo todo ao seu favor cando o novísimo talento Hakan Yakin (de ascendencia turca, por certo) fixo o 1-0 no minuto 32. Nesa primeira parte, os turcos, comandados por Emre, Nihat e Hamit Altintop, parecían desnortados. A chuvia e o medo mutuo relaxaron o partido pero foise vendo aos poucos que, entrementres os suízos daban por bo o empate, os turcos eran máis ambiciosos, e o que era máis importante, chegaban en mellor estado físico aos derradeiros minutos. Un galego no campo No minuto 76 entrou no campo o galego-suízo Ricardo Cabanas, en substitución de Fernandes. O de Carral tivo unha ocasión de4 marcar no minuto 84. O gol da vitoria logrouno o número 14 de Turquía, Arda, que cortou un balón na esquerda e lanzou un furón desde o bordo da área que rebotou en Patrick Müller e despistou a Benaglio. Suíza xa non tivo tempo de reaccionar. Marcha da súa propia Eurocopa ben antes do que pensaba.
Semih cabecea para facer o empate para Turquía perante a ollada de pavura do suízo Ludovic Magnin.
Foi no segundo tempo cando reaccionaron e apertaron os seus rivais dun xeito decidido. O froito deste bo xogo chegou no minuto 57 cando Sentürk Semih bateu a Diego Benaglio desde a área pequena.
Descargar Tarifas