PUBLICIDADE
Martes, 16 de marzo de 2010
PARA A Axencia Espacial EuropeA
Galiza creará o seu primeiro satélite este ano

Redacción .  A Universidade de Vigo –como coordinadora– e Retegal –como un dos colaboradores– desenvolverán un pequeno satélite de investigación que a Axencia Espacial Europea lanzará este inverno, segundo adiantou hoxe a Xunta. O proxecto chámase 'Dieste' e o único do Estado seleccionado entre 25 propostas europeas.

Reloxo 05.06.2008 | 14:37
  • Touriño anuncia o lanzamento do 'picosatélite'

Cohete da Axencia Espacial Europea Cohete da Axencia Espacial Europea

A Universidade de Vigo será a responsábel do proxecto nun equipo que lidera Fernando Aguado. Tamén participan a empresa pública galega de telecomunicacións RETEGAL, o Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial, o Ministerio de Ciencia e Innovación e a propia Axencia Espacial Europea.

Será lanzado este inverno, en principio, desde a base de lanzamentos da Axencia Espacial Europea na súa sede de Korou, na Guaiana Francesa, a bordo do voo inaugural da lanzadeira Vega, explica a Xunta.

Trátase dun aparato de pequenas dimensións de “investigación no campo das comunicacións dixitais, a mellora dos sistemas fotovoltaicos satelitais e o desenvolvemento de metodoloxías para a xestión de satélites de comunicación”.

A iniciativa forma parte do proxecto Cubesat no que colaboran máis de 40 universidades e empresas privadas para desenvolver satélites pequenos que conteñan carga útil de carácter científico, comercial e gobernamental. A proposta galega é unha das seis que levará a bordo Vega.

Pesará só un quilo

O satélite está clasificado na categoría de picosatélites, que inclúe aos aparellos de reducidas dimensións. Terá só un quilo de peso pero que conta con todos os sistemas operativos dun trebello deste tipo.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río