Bocixa/ Raquel Rey . A Consellaría de Traballo pon en marcha os programas formativos 'Muller porque si', 'Agromar' e 'Tecendo futuro' para fomentar a inserción laboral feminina en postos de traballo con escasa presenza de mulleres.
Plan de inserción feminina. Bocixa e Raquel Rey
O conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, anunciou o inicio de 93 accións formativas dirixidas á inserción laboral de mulleres a través dos programas Muller porque si, Agromar e Tecendo futuro, pertencentes ao Plan Aurora de Emprego Preto de 1.500 mulleres desempregadas sen formación de tipo profesional e sen experiencia laboral poderán participar nestes programas destinados a reducir a taxa de desemprego femino que ronda o 10,4 %. Os obxectivos A Consellería pretende reducir as desigualdades por razón de sexo na incorporación das mulleres ao conxunto das ocupacións, polo que se puxo en marcha o ano pasado o progrma Muller porque si, con cursos de soldadura, alicatados, vixilancia de seguridade, carpintería e condución de vehículos pesados. Co programa Agromar faise unha aposta pola potenciación do emprendemento, a economía social e a incorporación a novos filón de emprego para a inserción laboral de mulleres e para a consecución da coparticipación legal das mulleres nas empresas familiares. Este programa conta con formación sobre instalación de enerxía solar térmica, coidado de discapacitados, actividades de tempo libre infantil e xuvenil e cociña, entre outras áreas. Pola súa banda, Tecendo futuro pretende apoiar aos sectores xa maduros con alto índice de presenza feminina, como é o caso do téxtil e das industrias alimentarias. O programa conta con cursos como o de pasteleira, manipulación de alimentos, auxiliar de industria alimentaria, controladora de calidade dexénro de punto, etc.