M. V . A firma compostelá Imaxin lanzará este xoves o 'primeiro tradutor automático que incorpora as linguas de Galicia e Portugal'. A ferramenta tamén permite traducir ao castelán.
José Ramom Pichel, director da área de tecnoloxía lingüística de imaxin|software
Até agora en liña só se pode usar o tradutor automático port2gal, que permite traducir do portugués ao galego en dúas normativas, as normas da Real Academia/ILG e da AGAL. Unha das principais novidades da ferramenta de Imaxín será, polo tanto, que se poderán traducir por vez primeira textos do galego ao portugués.
O programa será presentado o 5 de xuño no Club Internacional de Prensa de Santiago. No acto participará José Ramom Pichel, director da área de Tecnoloxía lingüística de imaxin e responsábel do proxecto.
No acto tamén falará o escritor Xavier Alcalá. Este enxeñeiro de telecomunicacións dirixe a redacción do primeiro dicionario galego das novas tecnoloxías. Alcalá defende que o portugués sexa a referencia á hora de adoportar neoloxismos tecnolóxicos á lingua do país.
Descargar Tarifas