PUBLICIDADE
Venres, 19 de marzo de 2010
Manu Chao atraeu 8.000 persoas
Máis de cen mil espectadores no Coliseum coruñés este ano

Redacción .  Tras as 8.000 persoas que acudiron a presenciar o concerto de Manu Chao o 23 de maio, xa son máis de 100.000 as que participaron nos eventos programados no Coliseum da Coruña nos primeiros cinco meses deste ano, no que pasaron polo escenario herculino propostas tan diferentes como Emir Kusturica ou Milton Nascimento fronte a El Canto del Loco ou Pereza.

Reloxo 27.05.2008 | 10:11

Exterior do Coliseum da Coruña Exterior do Coliseum da Coruña

Tras a celebración do concerto de Manu Chao con Radiobemba Sound System o pasado venres (no que se reuniron uns 8.000 seguidores do músico francés de orixe galega) foron xa 104.900 as persoas que tomaron parte na programación do Coliseum da Coruña nos cinco primeiros meses de 2008.

En total, segundo os datos que ofrece o concello da Coruña, foron 13 os eventos programados dende principios de ano, cunha ocupación media do 80,4 %. A programación constou de nove propostas musicais, dous espectáculos e dous eventos centrados na actividade física, que se concretaron en 47 días de aperturas de portas ao público.

As actuación máis exitosas dende un punto de vista de calidade e aceptación foron as de Emir Kusturica e Manu Chao, mentres que dende a perspectiva comercial, o evento deportivo-teatral do Pressing Catch e o concerto de El Canto del Loco foron os de maior poder de convocatoria, xunto á tradicional actividade de inverno da pista de xeo.

Os datos do Coliseum no que vai de ano, segundo o concello, foron:

Música (37.200 personas)

Pequeno Formato (6.700 persoas)
- Emir Kusturica & TNSO (localidades esgotadas)
- Eliades Ochoa
- Milton Nascimento
- VI Festival Intercentros de la canción
Formato Medio (5.000 persoas)
- El Barrio
- Pereza
Gran Formato (25.500 persoas)
- El Canto del Loco
- Alejandro Fernández
- Radiobemba Sound System & Manu Chao

Espectáculos (11.700 persoas)
- TAO
- RAW - Pressing Catch (localidades esgotadas)

Actividade Física (56.000 persoas)
- Pista de xeo
- XX Trofeo Miguelito de Judo.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río