PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
Fala de parálise no departamento
A Mesa reclama a activación de Política Lingüística

Redacción .  Un día despois da celebración que congregou milleiros de persoas a prol do galego, a Mesa reclámalle ás Administracións 'que escoiten a voz destas 500 entidades e das miles de persoas' que piden o dereito a vivir en galego.

Reloxo 19.05.2008 | 16:19

Membros da Mesa durante a protesta Membros da Mesa durante a protesta. A Mesa

Logo do “contundente éxito” da manifestación, a Mesa pola Normalización Lingüística pídelle á Administración que se faga eco dos milleiros de persoas que saíron a rúa para reclamar que sexa posíbel vivir en galego. En concreto, a Mesa reclámalle a Emilio Pérez Touriño que active o departamento de Política Lingüística, ao que acusa de “realizar unha política consciente de mantemento de diglosia e contra a extensión do galego aos diferentes ámbitos da vida social”.

Nunha entrevista dun programa da TVG Carlos Callón responsabilizou o presidente da Xunta da parálise que vive Política Lingüística e mesmo de que o decreto do galego se vulnera na meirande parte dos centros educativos do país. Ademais, apuntou que a estrea de Indiana Jones non se poderá ver en galego “porque desde a Presidencia da Xunta non levantou o teléfono para falar coa distribuidora, Paramount, que estaría disposta a dobrar este filme ao noso idioma”. Callón tamén agradeceu os respaldos que recibiu a manifestación e animou os galegos a incorporárense á Mesa.

 

 

 

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río