Esteban: Fixo dúas paradas de gran mérito. Foi increpado polos Celtarras. George Lucas: Chega nunha pésima forma ao tramo final da liga. Ten moitas carencias, especialmente en canto a colocación e velocidade. Agus: A pesar de que o Cádiz deu poucos problemas, en varias ocasións fallou, especialmente no despexe en curto. Lequi: A parte tranquila dunha defensa sen apuros. Lago: Custoulle entender que tiña o carril expedito para intentar ataques. O seu único intento, xa na segunda metade e case por casualidade. Rosada: Ben mentres tivo gasolina. Iniciou o segundo tempo xa sen forzas e fíxose obrigado tiralo do campo. Michu: O peor partido da tempada do asturiano. Fallou, estivo ausente e non foi cambiado unicamente pola conxuntura do partido. Núñez: Malia que Alejandro Menéndez lle deu máis liberdade que López, o madrileño apenas interveu. Acabou xogando de dianteiro centro. Canobbio: Coma reflexos de mica no chan, o uruguaio tivo intres de grandeza. O resto do tempo o seu xogo foi area, simplemente. Quincy: O mellor, xunto con Perera. Aguantou o balón, caneou, asumiu responsabilidades. Unha brillante despedida para un xogador que ten vimbios para estar na elite mundial. Terá actitude? Perera: Xogou feliz na illa de espazos que o Cádiz deixou no seu campo. Ademais, estivo menos fallón do habitual. O mellor xunto con Quincy. Diego Costa: Cando entrou estaba todo practicamente feito pero o brasileiro é artista e ten que deixar a sinatura. Forzou un penalti. Vitolo: Deulle tranquilidade ao medio campo celeste, que non foi pouco. Jorge: Saíu cos seus habituais escasos folgos pero xogou na súa posición favorita.
Jesús Perera.
Descargar Tarifas