PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Unha muller ferida
Atraco na Xoiaría Suíza de Vigo

Redacción .  Ás 16'45 horas desta tarde produciuse un atraco na Xoiaría Suíza de Vigo, na céntrica rúa López de Neira. Os asaltantes, armados con armas de fogo, feriron levemente a nai do dono, que presentaba unha fenda na cabeza.

Reloxo 16.05.2008 | 17:44

Xoieria Suíza en Vigo, hoxe logo dun atraco Xoieria Suíza en Vigo, hoxe logo dun atraco

Esta tarde tivo lugar na Xoiería Suíza de Vigo, localizada na céntrica rúa López de Neira, un atraco na que participaron uns sete homes. Segundo fontes próximas ao estabelecemento, catro mozos armados accederon ao interior da xoiaría, mentres outros tres agardaban ao redor do banco situado fronte ao local para escapar co botín. “Apreciamos movementos raros, pero non andas a desconfiar de todo o mundo”, apuntan fontes consultadas. Polo de agora, aseguran que aínda non cuantificaron o botín dos asaltantes.

No roubo resultou ferida a nai do dono da xoiaría cunha brecha na cabeza por mor do golpe cun obxecto contundente. A muller está a ser atendida nun hospital vigués. Pola súa banda, unha das dependentas foi quen de agocharse no soto, onde puido chamar a policía.

Anos atrás esta mesma xoiería, cando estaba situada no barrio vigués das Travesas, sofriu un violento atraco no que resultou morto o dono, marido da muller ferida hoxe. 

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río