PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
Premios da Crítica de Galicia
Galardóns para Murado, Borrazás, Beramendi e Quessada

Redacción .  Os Premios da Crítica de Galicia recoñeceron a Miguel Anxo Murado, Xusto Beramendi, Xurxo Borrazás, Xaime Quessada, a editorial 'Ourvirmos' e o Arquivo do Reino de Galicia.

Reloxo 11.05.2008 | 12:44

Xusto G. Beramendi Xusto G. Beramendi Miguel Anxo Murado, Xusto Beramendi, Xurxo Borrazás, Xaime Quessada, a editorial 'Ouvirmos' e o Arquivo do Reino de Galicia son os gañadores da trixésimo primeira edición dos 'Premios da Crítica de Galicia'.

Os distintos xurados das seis categorías -creación literaria, música, ensaio e pensamento, ciencias e artes de representación, investigación e iniciativas culturais- fallaron o premio o sábado na localidade pontevedresa de Mondariz.

'O soño da febre', de Miguel Anxo Murado, resultou merecedor do galardón polo seu "universalismo vivenciado, a integración dos relatos curtos e a eficacia dun recurso onírico que non rompe cos espazos coñecidos"; mentres que a obra 'De provincia a nación. Historia do galeguismo político', de Xusto Beramendi, destacou por o seu "pormenorizado estudio da traxectoria do galeguismo político e a proxección e transcendencia da achega do autor".

O ensaio 'Arte e parte. Dous patriarcas á arte suicida', de Xurxo Borrazás, foi valorado pola "profundidade do autor, a súa grande madureza intelectual e os seus enfoques orixinais"; mentres que o "inequívoco posicionamento ético e estético" do pintor ourensano Xaime Quessada lle valeu para conseguir este recoñecemento.

En canto á colección 'A tiracolo' da editorial 'Ouvirmos', o seu principal mérito foi a "novidade da formulación editorial dende o punto de vista discográfico, a posta en valor da historia musical galega e a recuperación do patrimonio musical"; e o Arquivo do Reino de Galicia foi premiado pola súa "importante renovación" e polo "seu traballo de difusión dos fondos documentais galegos".

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río