PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
'A marihuana pode usarse como paliativo'
Mª Xosé Rubio: 'O Sergas fai 26 millóns de consultas'

Xan Carballa A Conselleira de Sanidade replica as denuncias sobre as listas de espera, defende a fortaleza do sistema sanitario galego que atende anualmente 26 millóns de consultas e pregúntase por que non se vai usar a marihuana como paliativo en tramentos oncolóxicos cando se usa a morfina, 'o criterio único que seguiremos é científico, non moral'.

Reloxo 07.05.2008 | 18:29

María Xosé Rubio, conselleira de Sanidade María Xosé Rubio, conselleira de Sanidade. OTTO/AGN

O uso da marihuana como paliativo en tratamentos oncolóxicos non atopará obstáculos no sistema sanitario galego. Iso é o que se desprende das declaracións da conselleira de Sanidade, María Xosé Rubio, na entrevista que se publica mañán no semanario A Nosa Terra.

A proposta do uso da marihuana como paliativo dos síntomas da quimioterapia en tratamentos oncolóxicos foi polémica para algúns sectores. Vostedes vana utilizar experimentalmente.

Chámame a atención que isto sexa debate. Ninguén discute que da morfina saquemos medicamentos, e a morfina é unha droga. Porque a base de moitos medicamentos é botánica e moitas desas bases farmacéuticas noutras circunstancias son consideradas sustancias susceptíbeis de adición. A marihuana pode ter beneficios nalgúns síntomas e iso non é contraditorio con outras farmacopeas. Se é útil discutilo está fóra de lugar.

A intervención de elementos morais ou mesmo a intromisión da xerarquía católica en temas como os coidados paliativos que xuízo lle merecen?

Todo o que alivie síntomas de enfermidade ou en procesos terminais, e se demostre cientificamente que son máis beneficiosos que perxudicais, non admite ningún debate moral, é só científico. Un profesional ten obriga de axudar seguindo o criterio científico. Máis alá diso non creo que haxa nada que debater.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río