PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Non quere 'críticas continuas' no bipartito
Quintana pide 'calma' a Rego e Aymerich

Redacción .  O vicepresidente da Xunta solicitoulles 'tranquilidade' aos portavoces de BNG e PSdeG e asegurou que as últimas afirmacións de ambos sobre a xestión do Goberno Galego 'non foron afortunadas'.

Reloxo 03.05.2008 | 15:09
TAGS: BNG , Quintana , Aymerich , Rego , PSdeG , Xunta ,

Anxo Quintana, en Monforte Anxo Quintana, en Monforte. AGN O vicepresidente da Xunta e portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, advertiu hoxe de que "non foron afortunadas" as últimas intervencións dos portavoces socialista e nacionalista no Parlamento, Ismael Rego e Carlos Aymerich, nas que se cruzaron duras críticas, polo que lles trasladou un "chamamento á tranquilidade".

Aymerich iniciou a polémica ao censurar nun artigo n'A Nosa Terra a actuación das consellerías socialistas nestes case tres anos de Goberno coaligado, fronte ao cal Rego replicou reclamando a Quintana que desautorizase ao seu portavoz, ao que acusou de padecer "politicamente un trastorno bipolar".

O líder nacionalista aproveitou hoxe unhas declaracións á Radio Galega para criticar este cruzamento de declaracións e advertir de que o que a cidadanía desexa é que PSdeG e BNG traballen "man con man", defendendo cada cal o que considere oportuno "sen críticas continuas nin descualificacións".

Alcaldes

Por outra banda, o vicepresidente da Xunta tamén se referiu ás críticas dos alcaldes do PP pola súa actuación respecto do Consorcio de Servizos de Igualdade e Benestar, sobre as que concluíu que a formación que dirixe Alberto Núñez Feijóo "perdeu o rumbo".

Así, cualificou de "insólito" que un partido "abronque aos seus alcaldes por alcanzar acordos coa Xunta" e considerou que "o lóxico" sería felicitarlles por iso. "Creo que o PP equivócase, a xente quere colaboración, non confrontación", sentenciou Quintana.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río