PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
UNIÓNS CRITICA Á XUNTA POR DEFENDER LEITE RÍO
Os gandeiros estudan deixar de producir

M. V Os tres sindicatos do agro manteñen a súa unidade de acción cunha manifestación na que queren xuntar 10.000 persoas o mércores en Santiago. De non lograr subas nos prezos do leite e da carne, os gandeiros poderían estender as protestas ás fábricas de pensos e mesmo iniciar unha folga de produción.

Reloxo 28.04.2008 | 13:49

Roberto García, de Unións Agrarias Roberto García, de Unións Agrarias Esquerda   1 / 3  Dereita   Francisco Bello –de Xóvenes Agricutores– foi o máis duro dos tres sindicalistas que presentaron esta mañá en Compostela a mobilización do día 30. “A solución pasa por unha folga de entregas, cando nos estantes dos supermercados falte produto, daquela si que lle verán as orellas ao lobo”, advertiu.

SLG e UU.AA. máis prudentes

Nin Sindicato Labrego Galego (SLG) nin Unións Agrarias (UU.AA.) descartaron chegar a tal extremo de non acadar un acordo coas industrias e a Consellería de Medio Rural. Con todo, Roberto García de UU.AA explicou que “sería suicida” a folga de produción se non se fai a nivel estatal.

Pola súa banda, Xavier Gómez, do SLG, dixo que “medidas deste tipo necesitan dun debate en profundidade pero o sector ten o dereito a mobilizarse”. Segundo Xóvenes Agricultores a medida xa está a ser discutida entre os gandeiros. Bello cifra nun 90% os que estarían dispostos a secundar a folga.

Gómez explicou que 30.000 as familias galegas que viven da produción de leite e carne de vacún. Os sindicatos levan varios meses de mobilizacións demandando prezos estábeis.

En rolda de prensa hoxe en Santiago denunciaron ós beneficios dos intermediarios, que, segundo Unións, nalgúns casos supera o 1.000%. As organizacións solicitaron á Consellería de Medio Rural que presione ás industrias para chegar a un acordo.

Ademais da manifestación do mércores –que foi definida como “un grito desesperado para a supervivencia” por García– está prevista outra o día sete de maio en Madrid diante do Ministerio de Agricultura.

Unións critica a Medio Rural por defender a Leite Río
O secretario de Unións Agrarias, Roberto García, atacou á resposta da Consellería de Medio Rural á manifestación organizada unilateralmente por este sindicato diante de Leite Río a semana pasada. García dixo que 'resulta sorprendente que a Consellería tome a bandeira desta empresa' e que 'o importante é saber porque a Consellería sae en defensa de Leite Río e non das outras empresas'.
O líder de UU.AA. lembrou que os gandeiros tamén montaron protestas –neste caso convocados polos tres sindicatos– diante doutras industrias como,Lactalis e Lagasa. Tras estas manifestacións non houbo reacción algunha de Medio Rural máis alá da condena dos incidentes.

Sindicato Labrego Galego e Xóvenes Agricultores negáronse a acompañar a Unións na mobilización contra Leite Río, empresa clave para a hipotética creación dun grupo lácteo galego, unha tarefa na que a Xunta leva traballando sen éxito varios anos.

O delegado de Medio Rural en Lugo criticou, en declaracións a ANT, o papel de Unións nesta crise acusando ao sindicato de tentar desestabilizar as negociacións da Mesa do Leite.
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río