PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
Entrevistamos o creador dos Megatoxos
Fariña: ‘O contacto cos nenos é fundamental á hora de debuxar’

M. B. Deseñador, ilustrador e autor de libros infantís, Anxo Fariña (Vigo, 1977) está a presentar 'Os Megatoxos e a espada esmeralda' (A Nosa Terra), a segunda aventura destes pequenos personaxes que conseguiron vender no seu debut editorial perto de 3.000 exemplares.

Reloxo 29.04.2008 | 12:50

Anxo Fariña Anxo Fariña

Acaba de participar como convidado da Feira do Libro de Boiro. Alí impartiu un taller de lectura e debuxo para cativos. Ese contacto cos máis pequenos inflúe á hora de escribir e de ilustrar?

É definitivo. Na serie dos Megatoxos foi fundamenetal, por exemplo. Decidinme a publicala despois de probala con eles nas visitas que fago polos institutos. Falan das roupas e dos peiteados dos personaxes e guíome polo seu criterio.

En que se inspira?

Os personaxes dos meus libros son nenos que podo coñecer, aínda que non sempre. Á hora de debuxar deixome levar polo que me gusta e polo que lle pode resultar atractivo aos pequenos. A primeira aventura dos Megatoxos estaba ambientada na época castrexa e esta segunda no medievo, dúas etapas históricas que me apasionan. A natureza tamén é unha boa fonte de inspiración tanto para as formas dos obxectos como para os nomes que emprego nos meus libros.

Onde viaxarán en próximas entregas os Megatoxos?

Irán ao futuro, pero tamén me gustaría trasladalos á epoca dos romanos, a Asia medieval, ao Exipto dos faraóns e ao mar do descubrimento de América e dos piratas.

Ten ademais un blog en marcha dos Megatoxos (www.megatoxos.com). Como está a funcionar?

Está recibindo moitas visitas e son moitos os nenos que escriben e mandan os seus debuxos. Pensei inicialmente en facer unha páxina estática pero obtei finalmente polo blog porque quería que participasen tamén.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río