PUBLICIDADE
Xoves, 18 de marzo de 2010
Recoñecen a súa novela 'O Soño da Febre'
Os escritores premian a Miguel Anxo Murado

Redacción .  A Asociación de Escritores de Lingua Galega premiou 'O Soño da Febre' de Miguel Anxo Murado como a mellor obra de narrativa de 2007.

Reloxo 27.04.2008 | 15:15

Portada do libro 'O soño da febre', de Miguel Anxo Murado Portada do libro 'O soño da febre', de Miguel Anxo Murado A novela 'O Soño da febre', do escritor Miguel Anxo Murado, foi a elixida pola Asociación de Escritores de Lingua Galega como a mellor obra narrativa de 2007.

Nun acto celebrado na noite de onte en Santiago de Compostela, no que parciciparon un centenar de escritores galegos, a Asociación deu a coñecer os gañadores dos seus premios ás mellores obras publicadas durante o ano 2007 en diferentes modalidades.

Así, ademais de Miguel Anxo Murado, recibiu o galardón de mellor obra de literatura infantil e xuvenil 'O único que queda é ou amor', de Agustín Fernández Paz; o de mellor ensaio 'De provincia a nación: historia do galeguismo político', de Xusto G. Beramendi; o de mellor tradución 'Poemas Canónicos' -de Kosntantinos Kavafis-, de Yolanda Vilarchao; o de teatro 'Ciclo de Marte', de Millán Picouto; e o de mellor poemario 'Sextinario: trinta e seis+tres', de Marica Campo.

Así mesmo, no acto tamén se entregou o premio 'Escritora Galega Universal' á poeta cubana Nancy Morejón; o galardón para institucións, que recaeu na Mostra de Teatro de Ribadavia; e o premio á mellor traxectoria xornalística, que foi para Xosé L. Méndez Ferrín.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río