Redacción . O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, condenou os actos violentos cometidos nos últimos días contra industrias lácteas, pero opinou que estes feitos non son 'mputables' a Unión Agrarias (UU.AA.), convocante da concentración do pasado martes ante Leite Río, que acabou cunha carga policial.
Así, considerou que se trata dunha análise "máis mediática que real", a pesar de ser "moi frecuente ultimamente", cada vez que se produce un conflito político. En calquera caso, insistiu en que a violencia "é un mal camiño" á hora de reivindicar melloras sociolaborais. Ademais, asumiu que existe un "problema" polo incremento dos custos de produción e a caída dos prezos que o aboan aos produtores. No entanto, defendeu a actuación de Medio Rural –"está a traballar con toda intensidade", resaltou– e recordou que non é un axente "propiamente implicado". Solución complexa Touriño recoñeceu que non existe ningunha "vara máxica" para solucionar este problema, polo que remarcou a súa aposta polo "diálogo e a concertación". Nesta liña, apuntou que o seu labor se debe encamiñar a buscar "fórmulas de mediación" entre empresas e produtores para lograr un "acordo estable" entorno aos prezos. Avogou por un "esquema interprofesional" como o que opera en Francia, no que se negocien as cantidades a pagar. Tamén manifestou a súa convicción de que este sector "estratéxico" para a economía galega "ten futuro".
Concentracions de gandeiros.
Na roda prensa posterior ao consello da Xunta, o mandatario expresou a súa condena "sen paliativos" a estes feitos, aínda que puntualizou que todo o Goberno "sempre" respecta a mobilizacións. Preguntado sobre unha suposta persecución política de UU.AA. ao departamento nacionalista de Medio Rural, sinalou que o conselleiro, Alfredo Suárez Canal, non lle trasladou esa avaliación.
Descargar Tarifas