Redacción . Os 27 Estados membros da UE abordarán o próximo martes, a iniciativa española, o problema que representa a pirataría en augas do Océano Índico, informou hoxe o Ministerio da Presidencia.
O Estado español estará representado nese Consello polo secretario de Estado para a UE, Diego López Garrido, (o ministro Miguel Ángel Moratinos estará de xira por Iberoamérica nesas datas) e informará aos Vinte e sete da situación do atunero vasco 'Playa de Bakio', secuestrado por piratas somalís, informou Moncloa nun comunicado. López Garrido "avogará por unha maior implicación da Unión na creación, dentro do marco de Nacións Unidas, dun sistema eficaz de seguridade colectiva para previr e combater os actos de pirataría en augas próximas a Somalia", segundo a mesma nota. España persegue que os países con intereses na zona do Índico onde se suceden as pillaxes e secuestros deseñen, o máis rápido posible, un sistema para disuadir e combater a pirataría que só precise da autorización das autoridades somalís para poñerse en marcha, segundo fontes diplomáticas. O comunicado da Moncloa precisa que o primeiro ministro somalí, Nur Hassan Hussein, confirmou ao embaixador de España en Kenya, Nicolás Martín Cinto, desprazado a Mogadiscio, que "colaborará persoalmente" con España na solución satisfactoria do secuestro do 'Playa de Bakio'. Por outra banda, engade que o 'Playa de Bakio' atópase "fondeado nun lugar da costa de Somalia" e recorda que o Ministerio de Defensa desprazou a Yibuti un "avión de recoñecemento con capacidade de vixilancia e control dos autores do secuestro" do atuneiro. A maiores sumáronse seis axentes de intelixencia para colaborar con Martín Cnto nas negociacións.
Atuneiro 'Playa de Bakio'
O asunto tratarase no próximo Consello de Asuntos Xerais e Relacións Exteriores (CAGRE), que reúne periodicamente os ministros de Exteriores ou os seus secretarios de Estado.
Descargar Tarifas