PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
DI QUE PERDEU TRES MILLÓNS
Leite Río anuncia que non recollerá cen mil litros diarios

Europa Press O propietario de Leite Río, Xesús Lence, anunciou hoxe que esta empresa deixará de recoller 100.000 litros de leite diarios en Galicia e a provincia de León a partir do próximo mes de maio. O empresario dixo que habería ‘un antes e un despois da protesta’.

Reloxo 23.04.2008 | 08:40

Os gandeiros prenderon lume a caixas de leite Os gandeiros prenderon lume a caixas de leite. UU.AA. Esquerda   1 / 2  Dereita   Lence desvinculou esta medida da convocatoria de Unións Agrarias (UU.AA.), que congregou o martes ante un das súas fábricas en Lugo a máis de 2.000 gandeiros en protesta pola baixada do prezo do leite en orixe, e atribuíuna a unha cuestión de perda de mercado.

Así, o máximos responsable da empresa láctea cifrou en 3 millóns de euros a perda de mercado nos dous últimos meses, á marxe de ter almacenados 20 millóns de litros aos que non pode darlles saída. Tamén afirmou que suspende o seu proxecto para crear unha fábrica en La Bañeza (León).

Lence chegou á industria boicoteada, no Polígono do Ceao, sobre as 17.00 horas e dixo que non haberá represalias, pero si aseveró que haberá "un antes e un despois" desta mobilización.

Por outra banda, a Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) fixo público un comunicado no que expresaron a súa "total repulsa" á actitude dos gandeiros concentrados ante a empresa Leite Río, que definirion como 'vandálica'.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río