PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Máis de mil gandeiros maniféstanse en Lugo
Protesta de Unións Agrarias contra Leite Río

Europa Press Máis de 2.000 gandeiros –3.000 segundo os convocantes e un millar pola Policía– cortaron o tráfico e crearon barricadas prendendo lume a pneumáticos no Polígono de Ceao en Lugo, onde se sitúa a empresa Leite Río. Deste modo, protestan contra a decisión das industrias de baixar os prezos do leite e, en especial, contra a de Xesús Lence por ser a que máis reduciu o que lles paga aos produtores, até nove céntimos de euro por litro.

Reloxo 22.04.2008 | 17:44

Intre no que os manifestantes queiman o carro decorativo da sede de Río Intre no que os manifestantes queiman o carro decorativo da sede de Río. Xosé Marra Esquerda   1 / 3  Dereita  

Convocados unicamente por Unións Agrarias (UU.AA), fronte ás outras tres concentracións ante industrias lácteas por estes motivos que si contaron coa participación dos outros dous sindicatos agrarios (XX.AA e SLG), os gandeiros que asistiron hoxe tamén procedían de Asturias e Castela e León.

Nun principio, a concentración desenvolveuse de forma pacífica, pero a tensión foi en aumento cando intentaron acceder ás instalacións da industria láctea. Para evitalo, foi necesaria a presenza dos antidisturbios, que mesmo chegaron a cargar contra os gandeiros nalgún momento.

Os participantes colocaron varias barricadas de lume, realizadas con rodas. Tamén arrancaron valla desta factoría, propiedade do industrial lucense Xesús Lence, quen, finalmente, está mañá confirmou que recollería o leite logo de ameazar con non o facer. Precisamente, Unións Agrarias advertiulle de que, de levar a cabo esta medida, sería denunciado por coacción.

En todo caso, este cambio de actitude de Jesús Lence non impediu que os mobilizados tirasen ovos e bolsas de Leite Río, que previamente compraran, ao interior da fábrica. Tamén os concentrados chegaron a queimar un carro de madeira que se exhibía á entrada desta empresa.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río