PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
Xesús Lence ameazou con suspender a recollida de leite
Unións Agrarias denunciará a Leite Río por coacción aos gandeiros

Redacción .  Xesús Lence, propietario da maior empresa de transformación de leite en Galiza, ameazou con suspender a recollida se os sindicatos agrarios levan a cabo a mobilización anunciada para mañá ante a súa planta do polígono de O Ceao, en Lugo. Unións Agrarias xa anunciou que o denunciará ante o xulgado desa capital por un presunto delito de coaccións.

Reloxo 21.04.2008 | 18:33

Unións Agrarias denunciará a Xesús Lence ante o xuzgado de instrucción de Lugo para que se investigue un presunto delito de coaccións cometido polo empresario. O industrial, propietario de Leite Río, ameazou a través dos medios de comunicación con cancelar a recollida de 500.000 litros de leite a causa da mobilización convocada para mañá martes (12 horas) ante unha das súas plantas, no polígono do Ceao, en Lugo.  

A ameaza de Leite Río supón un intento de de limitar os dereitos sindicais dos gandeiros, polo que Unións Agrarias entende que o empresario Jesús Lence pode estar incurrindo nun delito dos incluidos no artigo 305 do Código Penal. Coa denuncia, preténdese que o xuzgado de instrucción investique se o empresario está incurrindo nun ilícito penal. 
 
De facerse efectiva a suspensión da recollida de leite mañá martes, Unións Agrarias iniciará tamén accións civís por incumprimento de contrato en nome de cada un dos gandeiros ós que lles cause perxuizo a decisión unilateral de Leite Río. O sindicato reclamaralle a leite Río as posibles perdas que puideran sufrir as explotacións afectadas.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río