PUBLICIDADE
Luns, 15 de marzo de 2010
CRÍTICAS A MADRID POR NEGAR APOIO
Euskadi pide participar directamente nas negociacións do 'Playa de Bakio'

Europa Press O conselleiro vasco de Pesca, Gonzalo Sáenz de Samaniego, pediu hoxe ao Goberno central que constitúa, xunto aos executivos vasco e galego, unha delegación para afrontar unha negociación cos secuestradores da tripulación do 'Playa de Bakio'.

Reloxo 21.04.2008 | 13:21
TAGS: Euskadi , Bakio , Somalia ,

Ademais, tras afirmar que non ten constancia de que algún dos tripulantes do buque secuestrado estea ferido, lamentou que o Goberno central non atendera á petición do tripartito para que a Armada española protexese aos pesqueiros que operan no Océano Indico.

O atuneiro vasco 'Playa de Bakio'', secuestrado onte por unha milicia somalí en augas internacionais, ten unha tripulación formada por 26 persoas, das que cinco son vascas; oito, galegas, e o resto teñen nacionalidade estranxeira.

O responsable autonómico de Agricultura e Pesca, que compareceu ante os medios de comunicación na sede da Presidencia do Goberno vasco para analizar a situación do atuneiro vasco, subliñou que non é a primeira vez que se produce unha situación deste tipo nesta zona do Océano Indico, posto que outro barco da mesma compañía que o 'Playa de Bakio', concretamente o 'Playa de Aritzatxu', xa sufriu un intento de secuestro en novembro de 2005, aínda que en aquela ocasión logrou fuxir.

O conselleiro, que denunciou que este "drama persoal" era previsible, asegurou que o Goberno vasco xa solicitou en 2006 ao Executivo central "o apoio dalgunha fragata de Defensa en virtude dos acontecementos que estaban a darse". Recordou que mesmo hai algunha iniciativa aprobada no Congreso dos Deputados nesa mesma dirección e lamentou que "non foi cumprida".

Busca responsábeis

"Houbo suficientes iniciativas á hora de poñer medios para poñer esta situación", sinalou, para a continuación destacar que a prioridade é "solucionar o problema" actual, aínda que "logo todo terá a súa repercusión e a esixencia de responsabilidades".

O conselleiro, nunha conversación mantida esta mañá coa ministra de Medio Mariño, Elena Espinosa, formuloulle a necesidade de poñer en marcha, entre os executivos central, vasco e galego, unha delegación para afrontar unha negociación cos piratas que secuestraron o buque e para "analizar as demandas" que poidan formular estes, que ata o momento parece ser exclusivamente económicas. Respecto á acollida da ministra a esta proposta, explicou que se atopa á espera de que sexa analizada no comité de crise organizado polo Goberno central.

Catro secuestradores

Sáenz de Samaniego asegurou que, tras as conversacións mantidas co armador do barco, todo apunta a que "en principio non hai ningunha persoa ferida" como consecuencia do asalto. Desas mesma fonte procede a información de que a operación foi perpetrada por catro persoas armadas, que son as que se están a encargar de dirixir o barco tras o rapto.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río