Axencias - . Os pescadores do atunero vasco 'Praia de Bakio', secuestrado onte por unha milicia somalí en augas internacionais, atópanse ben, segundo declarou o capitán do barco de nacionalidade española a Radio Nacional. Os secuestrados indican que queren un rescate económico.
'Estamos ben todos, non hai problemas', asegurou o capitán do barco, quen explicou que os secuestradores dispúñanse a contactar co seu xefe para recibir instrucións. No momento do secuestro, no atuneiro había 26 pescadores, dos que 13 son españois (oito galegos e cinco vascos). Tamén en declaracións a RNE, un dos secuestradores asegurou, nun inglés moi pobre, que son unha milicia somalí e confirmou que só querían diñeiro a cambio dos reféns. 'Non problem, this is money' (Non hai problema, so é por cartos’), repetía un deles, tras asegurar que os pescadores estaban ben. Precedente francés
O Ministerio de Defensa ordenou a un dos seus buques, que se atopaba nas inmediacións das augas territoriais somalíes, que se dirixa á zona na que se produciu o secuestro. No buque había 26 pescadores, trece deles de nacionalidade española, segundo informou o Ministerio de Asuntos Exteriores recollida por Europa Press.
A Embaixada de España en Kenia, con xurisdición en Somalia, iniciou xa as primeiras xestións e contactos coas autoridades da zona. Así mesmo, o Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación contactou con países aliados e amigos con presenza na área.
Por outra banda, Defensa tamén se puxo en contacto coas autoridades militares de países con presenza militar na zona co obxecto de obter a colaboración dos mesmos en todo o que supoña apoio loxístico e axuda na localización do barco afectado.
O pasado 11 de abril un grupo de 30 turistas, a maioría franceses, permaneceu secuestrado a bordo do seu veleiro por unha ducia de piratas, tamén en augas somalíes. Logo dunha negociación, entre os filibusteiros e o armador do buque, que accedeu a pagar un rescate de dous millóns de dólares a cambio da entrega dos reféns, unha operación do Exército francés conseguiu a liberación dos turistas e a detención de seis piratas.
Descargar Tarifas