PUBLICIDADE
Xoves, 18 de marzo de 2010
Comparten lectores coas súas aventuras
Mortadelo e Filemón e Os Bolechas, best-sellers

Redacción .  Con estéticas e tramas diferentes as historietas de Mortadelo e Filemón e Os Bolechas seguen a liderar as vendas nas librerías e quioscos e a formar parte dos libros de cabeceira de novos lectores.

Reloxo 19.04.2008 | 08:42

Unha imaxe dos Bolechas Unha imaxe dos Bolechas Os Bolechas, a máis nutrida serie da literatura infantil galega publicada por Edicións A Nosa Terra dende 2000, estase a converter en todo un fenómeno cultural entre os nenos galegos, algo semellante ao que xa aconteceu cos veteranos Mortadelo e Filemón (Edicións B), que este ano cumpren medio século de vida e peripecias varias. Aínda sendo distintas, as dúas sagas comparten espazo de éxito nas baldas das librerías atraendo cada vez a maior número de seguidores, moitos dos cales se confesan lectores das dúas tramas.

O pai dos Bolechas, o debuxante Pepe Carreiro, explica que o éxito dos seus personaxes, os irmáns Carlos, Braulio, Pili, Loli, Sonia, Tatá e o can Chispa, débese, entre outras cousas, ao feito de ser unha familia que ofrece unha continuidade que aos lectores lles aporta unha complicidade cos distintos personaxes. “Adapteime ao público ao que vai dirixido cunha liña clara e doada de asimilar, con cores planas, perspectivas sinxelas e textos fáciles de comprender pero con algunha verba nova, para que os nenos adquiran vocabulario”, explica este autor de éxito que xa leva publicados preto de 200 títulos nas distintas coleccións editadas por A Nosa Terra.

Admirador de Mortadelo e Filemón, cos que confesa ter pasado “grandes momentos” na súa nenez e adolescencia, Carreiro admite algún tipo de influenza indirecta dos personaxes de Ibáñez. A meirande diferenza entre Os Bolechas e Mortadelo e Filemón é o público ao que van dirixidos: mentres que os personaxes de Carreiro abarcan unha franxa de idade que vai dende primeiros lectores até 8 ou 10 anos, os peculiares investigadores da TIA atraen até as súas páxinas a lectores de todas as idades.

Satisfacción

Despois de oito anos no mercado editorial, Pepe Carreiro amósase satisfeito cos seus personaxes. “Estou orgulloso de que os nenos se introduzan na lectura e na lectura en galego cos Bolechas. Os nenos len porque lles gusta, independentemente do idioma, e cos meus libros engánchanse á lectura”, confesa este autor que di que lonxe de adoutrinar, o que busca é que os máis novos se introduzan na lectura.

 

`Os Bolechas van de viaxe. Os Xogos Olímpicos de Beijing´, última entrega

A última entrega da familia dos Bolechas, que dende o 2004 se edita en portugués como Os Bochechas, lévaos de viaxe ás Olimpíadas. Nela os seis compoñentes desta saga familiar amosarán a historia e orixe dos xogos e a súa evolución até os actuais que se van desenrolar en agosto na capital chinesa.

 

 

Mortadelo e Filemón, medio século de humor
Dende a publicación da primeira historieta de Mortadelo e Filemón o 20 de xaneiro de 1958 na revista Pulgarcito, pasaron cincuenta anos. Despois de cinco décadas o seu autor, Francisco Ibáñez, fixo segue a facer rir a milleiros de lectores de todas as idades, que seguen enganchados ás misións destes dous axentes da TIA que xa foron levados ao cine en dúas ocasións. Edicións B segue editando e reeditando as aventuras destes dous entrañables personaxes en distintos formatos. Con motivo das vodas de ouro a editorial sacou ao mercado un número conmemorativo especial dese medio século de Mortadelo e Filemón.
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río