PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Fala de enfrontamento pemanente na Xunta
Feixóo comprométese a derrogar as Normas do Hábitat

Redacción .  O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, anunciou que se gaña as próximas eleccións autonómicas o seu partido derrogará as Normas do Hábitat Galego, coa intención de chamar a 'arquitectos, urbanistas e aos mellores especialistas en hábitat para facer un decreto razoable'.

Reloxo 18.04.2008 | 08:11

Nunha entrevista en Radio Líder, Feixóo criticou "o intervencionismo" da norma, que onte entraron en vigor, e acusou á Xunta de "intentar normativizar a intimidade dos galegos". Así, mostrouse convencido de que os que "sufrirán" os efectos do decreto serán os cidadáns, porque os promotores "se libraron de cumprilo ao visar 15.000 vivendas antes de que entrase en vigor".

Respecto ao recurso da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) en contra da normativa, Feixóo enmarcouno "no enfrontamento permanente" entre PSdeG e BNG, que cre que se intensificou tras a celebración das pasadas eleccións xerais.

Nese sentido, o líder popular considerou que eses "desencontros" serían normais se socialistas e nacionalistas fosen oposición, pero non estando no Goberno, que segundo el "está a dar os seus últimos estertores". Para Feixóo, hai ademais "un presidente bipartito", en referencia a Emilio Pérez Touriño, do que dixo que asina decretos dos nacionalistas e despois pídelles aos socialistas que o recorran.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río