Redacción . O vicepresidente da Xunta e líder do BNG, aposta polo diálogo con todos os axentes implicados para lograr unha aplicación 'o máis efectiva posible' das normas do hábitat, que hoxe entran en vigor, pero advertiu de que 'non caben chantaxes' sobre a Consellería de Vivenda, impulsora dun criticado pola directiva da Fegamp e sectores da construción.
"Todo se pode falar, pero tamén debo subliñar que non caben as chantaxes nin as presións", resalta nunha entrada publicada onte no 'blog' que mantén no sitio web do Bloque. Ademais, cuestiona que a opinión contraria da dirección de federación de municipios sexa a maioritaria entre os rexedores e os gobernos locais. Neste senso, argumenta que "unha cousa é o que diga a Fegamp –encabezada polo socialista Carlos Fernández– e outra moi distinta o que consideren os distintos alcaldes e municipios". Así mesmo, afonda en que, ao seu xuízo, os rexedores deben "ante todo mirar polos intereses dos veciños" e se preocupar porque teñan unha vivenda digna. No texto, consultado por Europa Press, o vicepresidente fai fincapé na súa defensa do decreto, cuxo "único obxectivo" é que as vivendas "teñan un mínimo de calidade". Deste xeito, esgrime que os cidadáns galegos "están fartos de pagar cantidades astronómicas por vivendas de baixa calidade de habitabilidade".
Descargar Tarifas