PUBLICIDADE
Xoves, 18 de marzo de 2010
Entra en vigor hoxe
A lei do hábitat pon fin aos minipisos

Xan Carballa A entrada en vigor hoxe das Normas do Hábitat, marca un mínimo de 40 metros cadrados por vivenda. Poríase fin así aos chamados 'minipisos', as polémicas 'solucións habitacionais' debatidas na lexislatura anterior despois das propostas da antiga ministra de Vivenda, María Antonia Trujillo. O que non decae estes días é a polémica entre a Xunta e a FEGAMP, que insiste en recorrelas xudicialmente.

Reloxo 17.04.2008 | 11:43

Pisos no Polígono de Navia, en Vigo. Pisos no Polígono de Navia, en Vigo.. Paco Vilabarros A creación do Ministerio de Vivenda na primeira lexislatura de Zapatero, supuxo o nomeamento de María Antonia Trujillo como ministra. Na procura de fomentar a construción de pequenas vivendas que abaratesen o acceso da mocidade, o Ministerio lanzou a idea que popularmente se coñeceu como 'minipisos'. As críticas foron demoledoras pero serviu para dar a coñecer que a proposta non era nova e que, certamente, os minipisos, de menos de 30 metros cadrados eran unha realidade.

As novas Normas do Hábitat que entran hoxe en vigor en Galicia, perseguen, segundo fontes da Xunta, para completar aspectos que o novo Código Técnico da Construción xa foran avanzando. Tamaños mínimos de 40 metros, propostas de mínimos de iluminación natural e ventilación, aumento de tamaño de corredores e portas, son algunhas das propostas.

A reacción dalgúns promotores foi acelerar as peticións de visado de proxectos nas semanas anteriores á entrada en vigor, para poder eludir as novas obrigas. Na mesma senda se pronunciou Carlos Fernández, presidente da FEGAMP e alcalde do PSdeG-PSOE en Ames, abríndose un conflito que pode ter destino xudicial.

A Conselleira de Vivenda, Teresa Táboas, insiste que é unha decisión da Xunta de Galicia, sancionada coa súa firma polo presidente Emilio Pérez Touriño, o que implicaría a defensa solidaria de todo o goberno bipartito.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río