PUBLICIDADE
Mércores, 17 de marzo de 2010
Tratará temas de tecnoloxía
Novo blog de Suso Baleato

Redacción .  Desde esta semana, Suso Baleato, coordenador do programa de software libre Mancomun.org, escribe un blog sobre temas tecnolóxicos. O de Baleato é o primeiro dunha serie de novos blogs que A Nosa Terra Diario estreará nas próximas semanas.

Reloxo 14.04.2008 | 18:26

Suso Baleato é un dos meirandes especialistas en software libre de Galiza. Como coordenador do Centro de Referencia e Servizos de Software Libre, máis coñecido como o programa Mancomun.org, que promove a Consellaría de Industria, está ao tanto das últimas novidades en programación e coñece moi polo miúdo os traballos que se desenvolven en todo o mundo na xeneralización dunha informática útil, accesíbel e gratuíta, que se enriquece co traballo de todos os usuarios e técnicos.

O seu blog en A Nosa Terra Diario é unha porta aberta a esa novidades para que os lectores estean ao tanto das vantaxes e novas opcións que poden empregar nos seus ordenadores de xeito cotián. A súa presenza nas nosas páxinas encamíñase no interese que o noso xornal ten nas novas tecnoloxías e, especialmente, nas novas ferramentas de software libre que melloran moito a navegación pola rede, a estabilidade dos sistemas operativos e o uso da nosa lingua en todos os programas informáticos.

O de Baleato únese ao blog de Óscar Lorenzo, que segue desde hai meses a actualidade do Celta de Vigo. Ambos sumaranse ás novas propostas que nas próximas semanas irán aparecendo en A Nosa Terra Diario. 

Visite o blog de Suso Baleato.

 

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río