Bocixa/ Raquel Rei . O sábado ás 19,30 no peirao do Portiño da Coruña, inaugurouse o monumento, obra do escultor Pepe Galán, que lembra os mortos durante o intento de fuga de republicanos perseguidos en 1936. O acto é unha iniciativa da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, que contou coa colaboración do ministerio da Presidencia, concello da Coruña e Deputación Provincial.
Comisión Memoría Historica da Coruña.
O acto desenvolveuse a partir das 7,30 da tarde do sábado, 12 de abril, no peirao do Portiño. A continuación a CRMH celebrou a tradicional Cea da República no restaurante Fontenova (na avenida de Fisterra, despois do ambulatorio do Ventorrillo) onde se lle entregou a Dolores García, “Lolecha”, a distinción Memoria da Coruña 2008. Na inauguración do monumento houbo música, interpretada polo grupo Os Gaiteiriños e por Xosé Taboada. O acto foi presentado por Rubén Afonso Lobato, responsábel de comunicación da CRMH. Intervirán Maruxa Seixas e Xesús Dopico, en representación das familias das vítimas do Portiño. Tamén falaron Estevo Lareo e María Xosé Bravo, en representación do Goberno Municipal da Coruña, e Manuel Monge, presidente da CRMH da Coruña. Posteriormente, houbo unha ofrenda floral no peirao, deixándose escoitar as sereas –lembrando o que fixeron os barcos coruñeses o 18 de xullo de 1936 para avisar á poboación do levantamento militar fascista contra a República– e rematou o acto cunhas palabras do escritor e socio da CRMH, Manuel Rivas.
Descargar Tarifas