PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
Ao pouco de publicar 'Venus de cristal'
O IV Narrativas Quentes, para Chelo Suárez Muíños

Redacción .  A poeta e narradora coruñesa obtivo o premio de narrativa erótica coa novela 'Os milagres de Cristamar'.

Reloxo 02.04.2008 | 10:32

Chelo Suárez Muíños Chelo Suárez Muíños

Antes de gañar este certame que organiza Edicións Positivas, Chelo Suárez publicara Flor de xiz (Primera Persona, 2003) e Venus de cristal (Edicións Xerais, 2007, finalista do Premio Xerais de Novela no 2006), ambientada na Venecia do século XV, e ten no prelo un libro de poemas, que será editado en Espiral Maior. Amais, publicou varios textos cos pseudónimos Amara Orzania e Puliana Marful, e é colaboradora de Radio Oleiros.

Nesta novela crea espazos, historias e personaxes cun fondo lírico e unha linguaxe preciosista. Transcorre na moi recoñecíbel cidade de Cristamar, entre a Rúa do Galo Falangueiro, o barrio chinés con máis sona, e o convento das Odiseas Descalzas. Agora, únese a autores como Manuel Lourenzo, gañador da primeira edición deste premio bianual con Infidelicidades, e Alberte Momán, vencedor no 2004 con O lobo da xente. No 2006 quedara deserto.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río