PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Xogarase ao rematar a tempada
Triangular de básquet entre Galiza, Euskadi e Catalunya

Redacción .  As seleccións absolutas de básquet feminino e masculino de Galiza, Euskadi e Catalunya disputarán un torneo ao remate da tempada de clubs, nun dos primeiros froitos do acordo de San Mamés.

Reloxo 01.04.2008 | 17:56

Imaxe do Galiza-Cuba Imaxe do Galiza-Cuba. FGB

Este mércores será presentado en Compostela o torneo de baloncesto que xogarán ao remate desta tempada as selección absolutas masculina e feminina de básquet de Galiza, Euskadi e Catalunya. A celebración destes encontros está encadrada dentro da 'Declaración de San Mamés' que asinaron os responsábeis institucionais do deporte dos tres territorios e segundo a cal se comprometían a organizaren partidos entre as súas seleccións.

As seleccións galegas de baloncesto xa levan dous anos consecutivos disputando choques amigábeis, que tiveron a Xapón ou Cuba como rivais.

A Declaración de San Mamés foi un acordo entre os tres gobernos autónomos para favorecer a celebración de partidos das seleccións galega, vasca e catalá e promover o recoñecemento oficial internacional destes combinados. 

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río