PUBLICIDADE
Xoves, 11 de marzo de 2010
A fronte descarta calquera acordo con Rosa Díez
O BNG pensa en Coalición Canaria como socia no Grupo Mixto

Manuel Vilas Fontes BNG explican que están a negociar con case todos os partidos do “ingobernábel” Grupo Mixto. Queren formar unha agrupación parlamentaria que lle dea máis peso no Congreso.

Reloxo 18.03.2008 | 13:28

Francisco Jorquera, deputado electo do BNG Francisco Jorquera, deputado electo do BNG. AGN Falar con todos menos con Unión, Progreso e Democracia. Esta é a estratexia que está a seguir o BNG nas negociacións entre os partidos políticos do Grupo Mixto para agrupacións electorais, segundo fontes do partido consultadas por A Nosa Terra Diario.

Unirse a unha destas agrupacións permitiría ao BNG ter máis peso no Congreso. A outra opción -ficar só como parte do Grupo- atrae menos aos nacionalistas. De feito, fontes do Bloque cualifican de “ingobernábel” o funcionamento do Grupo Mixto debido á presenza de até seis partidos (ERC, con tres deputados, Esquerda Unida, con dous, BNG, con dous, Coalición Canaria, con dous, Unión Progreso e Democracia, con un, e Nafarroa BAI, con un). Unha das consecuencias sería, por exemplo, que se terían que repartir entre todos os tempos de intervención parlamentaria.

Por que Coalición Canaria?

Malia que oficialmente o Bloque insiste en que está negociando con case todos, o certo é que a solución que máis lle interesa pragmaticamente é ter por socio a Coalición Canaria.

Os canarios permitíanlle ao Bloque ter maior "visibilidade", consideran fontes do partido.O BO

Rosa Díez descartada

A única opción descartada polo Bloque a tal altura é o partido da ex-socialista Rosa Díez, de marcado carácter antinacionalista.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río