PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Reaccións electorais
Fraga: 'Os partidos non necesitan cambiar de cara, si de traxe'

E. P O fundador do PP considera que Rajoy é o candidato "máis cualificado" para o PP e que os últimos resultados electorais en Galiza "non son malos". De Feijóo, confía en que poida acceder á Xunta tras as autonómicas do próximo ano.

Reloxo 14.03.2008 | 12:43
TAGS: Fraga , PP , 9M ,

Fraga, nun acto da pasada campaña Fraga, nun acto da pasada campaña. AGN Esquerda   1 / 2  Dereita   Nunha entrevista concedida á Radio Galega, Manuel Fraga analizou hoxe o acontecido nas eleccións do pasado 9 de marzo e expuxo, en relación coa posible renovación no PP, que "os partidos non necesitan cambios de cara pero si, ao mellor, de traxe". Así, avogou por "dar oportunidades a todos os que forman parte dos equipos parlamentarios". "Creo que é o que se vai facer", engadiu.

Na súa opinión, a decisión do anterior voceiro do PP no Congreso, Eduardo Zaplana, de ser nesta lexislatura un deputado máis debe entenderse como "unha cuestión das terras valencianas". En canto ao anuncio do rexedor de Madrid, Alberto Ruiz Gallardón, de seguir no seu cargo, manifestou que "é un grande alcalde e que terá a súa oportunidade no futuro".

Ante a celebración dun próximo congreso do PP, Fraga admitiu que lle recomendou a Rajoy que seguise e, preguntado sobre se cre que hai alguén que poida disputar o liderado ao aínda presidente do PP, afirmou que "se eu o soubese non o diría".

Analizou que se Mariano Rajoy non optase por seguir á fronte do partido "o que pasaría é que se tería que buscar outro candidato", pero asegurou que entende que "neste momento é o que ten máis cualificación" e que hai "unha alta probabilidade" de que repita como candidato popular ás próximas eleccións xerais.

Lei de memoria histórica: “Norma disparatada”

En canto á situación política en España, o fundador do PP manifestou que a crispación "non é boa" en ningún ámbito e sinalou que actualmente existe polos "cambios moi radicais", de forma que, de cara á nova lexislatura, se mostrou partidario de evitar "normas disparatadas" tipo a Lei da Memoria Histórica e outras semellantes.

Fraga non quixo entrar a valorar posibles equipos de goberno de José Luis Rodríguez Zapatero, pero si puxo en dúbida que un executivo do PSOE sexa o máis adecuado para afrontar "o que se vén enriba", cunha recesión económica, os niveis de inflación e a situación en materia de terrorismo. "Creo que os puntos de partidas iniciais da revisión total das formulacións da transición e a división nos valores básicos da sociedade española é un erro, de aí non hai que esperar moito", opinou ante o próximo goberno socialista.

Reforma da Cámara

Tamén se mostrou convencido de que, malia as intencións do PNV, non se chegue a celebrar un referendo sobre o Plan Ibarretxe, xa que, engadiu, "sería claramente inconstitucional". Por outra banda, considerou que "hai ideas interesantes" en torno á posibilidade dunha reforma da Lei electoral e do voto da emigración e, en relación co Senado, opinou que "algún día haberá que darlle unha saída" á reforma desta cámara para adaptala "á medida dos tempos".

Os resultados do PPdeG, “non están mal”

Manuel Fraga referiuse tamén aos resultados logrados polo seu partido en Galicia e, ao respecto, sinalou que "non están mal" tendo en conta que outro partido, en alusión ao PSdeG, "se permitiu crear unha especie de posto diplomático para a emigración" -pola Oficina da Xunta en Bos Aires (Arxentina)- e que é diferente estar no goberno que na oposición. "Sempre me gustaría que fose mellores, pero non son malos", afirmou que fose presidente da Xunta.

A Feijóo non lle da consellos, “e menos públicos”

Respecto a se o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, debe seguir unha liña de renovación, declarou que "el sabe perfectamente" o que debe facer e asegurou que "non lle vai dar consellos e menos públicos". Recalcou que lle parece "un magnífico candidato" do partido á Presidencia da Xunta nos comicios do próximo ano. "Foi elixido de xeito exemplar nun congreso -do PPdeG- exemplar e creo que é o home que Galicia necesita neste momento", concluíu.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río