PUBLICIDADE
Xoves, 18 de marzo de 2010
Efectos do 9M
O PSOE sobe nas áreas metropolitanas agás en Santiago e A Coruña

E. P O PSOE foi o partido que máis medrou nas áreas metropolitanas galegas, aínda que baixou nas da Coruña e Santiago. O BNG incrementa apoios na de Santiago e o PP na de Coruña.

Reloxo 10.03.2008 | 19:12

No caso de Ferrol, os socialistas dan un xiro aos resultados de hai catro anos e pasan a ser a forza maioritaria na cidade, xa que soben máis de 4,5 puntos e o PP e o BNG perden en torno a dous puntos cada un. Trátase dunha tónica en todo a área de Ferrolterra, onde o PSOE dominou nas xerais en Fene, Narón, Neda e Mugardos.

No entanto, é en Santiago onde os nacionalistas tiveron un maior incremento de votos, xa que viron elevada respecto a hai catro anos a porcentaxe de apoios recibidos na capital galega e nos concellos de Touro, Boqueixón, Vedra, O Pino, Oroso, Teo, Trazo e Val do Dubra. Neste último case subiron cinco puntos respecto a 2004.

Por a súa parte, o PSOE baixa na capital, en Ames, Oroso, O Pino e Boqueixón, mentres que o PP mantén na área un nivel de respaldo cidadán similar ao das pasadas xerais, subindo lixeiramente no Piñeiro, Boqueixón, Ames e Oroso e con caídas en Trazo e Touro.

A Coruña

Na Coruña, PP e PSOE repártense a maioría nos concellos da área metropolitana, aínda que os socialistas mostran unha tendencia á baixa e os 'populares' gañan apoios. Así, na cidade herculina o PP gaña máis de dous puntos, na súa maioría a conta do PSOE, que aínda así continúa sendo maioritario cun 44,7 por cento dos votos.

O PP segue sendo hexemónico en Sada, Bergondo, Betanzos, Abegondo e Coirós e o PSOE continúa na cabeza en Arteixo, Oleiros, Culleredo e Cambre, aínda que nestes dous últimos municipios baixan en porcentaxe de voto recibido respecto aos resultados de hai catro anos. Tamén o BNG baixa lixeiramente na maioría destes concellos e faino de forma espectacular en Sada, onde pasou do 18,35 por cento dos votos hai catro anos aos 11,83 por cento alcanzados onte.

Vigo

Os nacionalistas soben ademais de forma contida na área metropolitana de Vigo, onde o PP continúa sendo o partido maioritario a pesar de perder apoios a conta do PSOE, que foi a forza máis votada en Vigo e Redondela, concellos nos que incrementou o seu respaldo en dous puntos. Os socialistas tamén subiron en Nigrán, O Porriño, Mos e Baiona.

En todos eses municipios os populares seguen estando á cabeza, a pesar de baixar en porcentaxe de votos recibidos, como lle acontece en Gondomar e Ponteareas, concellos onde o BNG é a única forza que rexistra máis apoios que hai catro anos.

Ourense e Lugo

Nos grandes concellos de Ourense son os socialistas os que saen maís beneficiados. O PSOE sobe unha media de seis puntos en O Carballiño, Celanova, Verín e Xinzo. En Lugo é o BNG quen incrementa apoios nas cabeceiras de comarca. Sobe sete puntos en Mondoñedo, un en Sarria e 4,5 en Foz e mantense en Monforte que rexistra un incremento de seis puntos para os socialistas, os mesmos que perde o PP.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río