PUBLICIDADE
Mércores, 10 de marzo de 2010
9M: Resultados electorais en Galiza
BNG e PP baixan nas cidades

Redacción .  As maiores subidas porcentuais levounas o PSOE en Ourense e en Ferrol. O BNG só subiu en Pontevedra, mentres que o PP aumentou na Coruña e en Pontevedra.

Reloxo 10.03.2008 | 01:27

As cidades galegas non foron moi proclives ao voto nacionalista. De feito, das sete cidades, o BNG só subiu en porcentaxe de voto na de Santiago de Compostela, e menos dun punto en relación aos comicios do 2004 (un 13,05% fronte a un 12,72%). A formación que lidera Anxo Quintana caeu nas outras seis cidades, co maior descenso en Ourense, onde gobernan en coalición co PSdeG e ostentan a tenencia de alcaldía.

Os socialistas teñen un reparto máis axustado. Descenderon en porcentaxes de voto na Coruña, Santiago de Compostela e Pontevedra; mentres que subiron en Vigo, Lugo, Ferrol e Ourense. Nestas dúas últimas, especialmente na de Ourense, rexistraron o maior incremento, unha das causas de arrebatarlle o deputado ao PP na provincia do interior sur.

Polo que respecta ao PPdeG, descenderon en Vigo, Ourense, Lugo e Ferrol. A maior caída foi en Ourense, mentres que en Santiago de Compostela practicamente revalidaron os resultados das xerais do 2004. As cidades con máis pulo para os populares galegos foron A Coruña e Pontevedra, con subas de máis de dous puntos.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río