PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
9M. Reaccións do líder nacionalista
23:55. Quintana: "O BNG é o único que resiste o bipartidismo e será decisivo en Madrid"

Xurxo Salgado O portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, asegura que o Bloque “resistiu” o bipartidismo PP-PSOE e anuncia que pactará con Zapatero se Galiza “está enriba da mesa”.

Reloxo 09.03.2008 | 23:51
TAGS: 9M , ,

Anxo Quintana valora os resultados electorais Anxo Quintana valora os resultados electorais. AGN Cun sorriso inusual nas súas comparencias públicas e un estado case eufórico, o líder nacionalista suliñou que o Bloque foi a “única forza nacionalista” que aumentou en votos e en porcentaxe con respecto as eleccións de hai catro anos. Por iso, felicitou aos galegos por “confiar” nesta formación e amosou o seu “agradecemento infinito” aos militantes do BNG polo “intenso” traballo realizado.

Nunha comparecencia pública para valorar os resultados das xerais, Quintana quixo deixar claro que, a partir de agora, o Bloque contará, e moito, en Madrid. Deste xeito, agradeceu aos cidadáns que deron o seu apoio a súa formación porque “impediron” a consolidación do bipartidismo en Galiza. “Non se van a arrepentir porque o Bloque será decisivo en Madrid”, asegurou.

Quintana insistiu en que, pese a campaña de socialistas e populares, “as veces con tintes antidemocráticos e discriminatorios”, foi unha victoria “pírrica” do bipartidismo en Galiza. E por iso puxo as súas cartas enriba da mesa de cara a vindeira lexislatura no Congreso.

Pacto

Por iso, e logo de felicitar a Zapatero polo seu triunfo, advertiulle que “contará” co BNG sempre e cando “teña en conta a Galiza”. En todo caso, e aínda que non quixo desvelar as condicións do pacto co PSOE, asegurou que a súa formación ten intención de “dar estabilidade” ao goberno socialista. “A lexislatura son catro anos e nós ímola a afrontar con tranquilidade e ilusión porque temos máis experiencia e podemos ser máis decisivos coa nosa representación”, apuntou.

Mensaxe interna

E non quixo deixar pasar a ocasión para mandar unha mensaxe a súa militancia. “Se conseguimos superar este reto nestas condicións podemos conseguir calquera cousa e o futuro está nas nosas máns”. Unha clara mensaxe de unidade para as súas filas de cara aos próximos comicios autonómicos dos que non se quixo pronunciar nin facer extrapolacións porque, “aquí se presentaron Rajoy, que sacou 11 e Zapatero, que tivo 10”. “Xa veremos cando nos presentemos os tres”, dixo en alusión a el mesmo, Emilio Pérez Touriño e Alberto Núñez Feijóo.

E cun forte abrazo deu paso a Francisco Jorquera, elixido deputado por A Coruña. Feliz tamén estaba o coordinador da Executiva nacionalista que repetiu o argumento de Quintana, non hai maiorías absolutas e o Bloque “resistiu” o bipartidismo, o gran temor dos nacionalistas galegos nesta xornada.

 

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río