PUBLICIDADE
Xoves, 18 de marzo de 2010
Dende a sede do PPdeG
23.50. Feijóo: 'Volvimos a gañar as eleccións en todas as provincias'

Esther Rodríguez O líder dos populares galegos resaltou que 'por primeira vez', a formación galega venceu nas xerais estando na oposición. Deu a noraboa ao PSOE 'por gañar' pero recalcou que, porén, 'o PSdeG perdeu'.

Reloxo 09.03.2008 | 20:27
TAGS: 9M , Feijóo , reaccións ,

Núñez Feijóo valorou os resultados Núñez Feijóo valorou os resultados. AGN

 

“O PPdeG volveu a gañar as eleccións xerais en todas as provincias”. Esa foi a conclusión final que fixo o líder dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, na súa comparecencia na noite electoral. “É a primeira vez, que PPdeG gaña as eleccións xerais estando na oposición, en Galiza e en Madrid”, sinalou, optimista ante uns resultados que ao comezo do reconto se presentaban peor.

No comezo da súa intervención, tivo palabras de solidariedade para a familia de Isaías Carrasco, o ex edil socialista asasinado por ETA, e destacou que “coa participación que se deu en Galiza e España, vencemos o demócratas. ETA xa sabe que non vai poder coa democracia en España”.

Fixo dúas distincións claras. Por un lado, o Partido Socialista Obreiro Español. Por outro, o Partido Socialista de Galicia. Aos primeiros, co seu secretario xeral Rodríguez Zapatero á cabeza, felicitounos por “gañar as eleccións en España”. “Procede darlles a noraboa”, resaltou, indicando que os puntos que perderon formacións nacionalistas e de esquerdas como ERC e IU “foron para os socialistas”.

“O PSOE gaña en España, perde en Galiza”

 

Dos segundos, foi rotundo: “O PSOE gaña en España, perde en Galiza”. Incidiu no feito de que manteñen “unha vantaxe clara sobre PSOE e BNG, cuns puntos de diferenza que falan por si sós. O PPdeG segue a ser o partido maioritario en Galiza, tres anos despois dun bipartito”. “Temos mellores resultados en Galiza que o PSOE en España (44% fronte a 43,6%)”, sentenciou.

O seu futuro

Sobre a súa traxectoria á fronte do PPdeG, Núñez Feijóo foi positivo. “É a segunda vez que comparezo ante Galiza como presidente do PPdeG. Na primeira (polas municipais) obtivemos o 39% dos votos e agora obtivemos o 44%. Subimos cinco puntos en porcentaxe de voto e en apoio dos electores galegos”, afirmou.

“Vamos a seguir traballando con optimismo, polo vieiro do centro, polo vieiro que está dando resultados”, prometeu, repartindo agradecementos. Aos votantes do PP galego, ao secretario xeral, aos presidentes provincias do partido, aos militantes, aos interventores... até aos medios de comunicación.

Perden un deputado

Con máis do 97% do censo escrutado, o PPdeG logrou 11 deputados en Galiza, un menos que nas xerais do 2004. Perderon un deputado pola provincia de Ourense, no que os populares tiñan tres e quedaron con dous, pola soba dos socialistas ourensáns, cunha ministra de cabeza de lista.

 


20.30: Rueda, optimista: "Subimos nas enquisas ao longo da xornada"

“A falta de resultados oficiais, as sensacións son dun enorme optimismo”. Así se manifestou o secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, pasadas as oito do serán, na sede compostelana. Segundo sinalou, foron o partido “que foi medrando e mellorando os resultados nas enquisas” ao longo da xornada.

Rueda amosouse confiado en que “cando se coñezan se coñecerá o magnífico resultado e vitoria do PPdeG”, sen entrar nas enquisas a nivel estatal, que deixan ao PSOE cerca da maioría absoluta.

As súas primeiras palabras foron para felicitar a todos os galegos pola alta participación e normalidade da xornada electoral. Tamén tivo agradecementos para os máis de 5.000 interventores e apoderados que a formación ten nas mesas en Galiza.

 

O líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, chegou á sede do partido en San Lázaro en torno ás oito do serán, para seguir xunto a un pequeno grupo de asesores e cargos da formación os resultados electorais.

 


Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río