Manuel Vilas . Dous minutos de aplausos e media ducia de botellas de champán na Rúa do Pino. Non hai euforia na sede dos socialistas galegos, pero si optimismo ante uns resultados que os achegan ao seu obxectivo final, substituír ao Partido Popular de Galicia (PPdG) como forza máis votada no país.
De “nítida, clara e contudente” cualificou a “gran victoria” de Rodríguez Zapatero a nivel estatal. Touriño tamén tivo un recordo para a familia do ex-edil socialista asasinado o venres en Euskadi e felicituse porque “melloramos en número de votos e en porcentaxe”. Resultados provisionais Segundo os resultados oficiais -con máis do 94% dos votos escrutados-, o PSdG repetiría número de deputados en Galiza. Os socialistas terían o 39,57% dos votos, a uns tres puntos do PPdG (44,4%). Son dez puntos máis que nas últimas municipais, cando os socialistas obtiveron o 29% dos sufraxios galegos. Declaracións de Ismael Rego Cando o escrutinio oficial superaba o 50% compareceu Ismael Rego, voceiro do partido no Parlamento Galego. "Estamos moi pretiño, seguramente estamos na senda de ser a primeira forza política de Galiza, ou moi cerca delo" dixo Rego. O mandatario insistiu en que "o resultado para os socialistas galegos é moi bo" pois "o PPé o único partido que perde un representante". Ante esta situación, Rego dixo que "temos motivos para sentirnos humildemente satisfeitos". Resultados por provincias Con todo o partido de Touriño perdería un representante pola Coruña co 39% dos votos ronte o 43% do PPdG. Con todo, hai que ter en conta que esta circunscripción ten un deputado menos nestas eleccións debido á perda de poboación. En Lugo, os de Touriño empatarían cos conservadores. Os dous partidos terían dous deputados no Congreso, igual que na pasada lexislatura. Na provincia de Ourense, con máis do 98% escrutado, as boas noticias para os socialistas son que avanzan un deputado. Fano polo retroceso do PP, co que empatarían a dous escanos. Porén, o PP de Baltar segue a ser o máis votado, con máis do 48%. En Pontevedra habería empate a tres deputados entre os dous partidos estatais, ficando un representante para o Bloque. Con máis do 93% escrutado, é moi difícil que os socialistas lles quiten un representante aos nacionalistas, como pareceu posíbel nalgúns intres da noite electoral. Declaracións de Varela Na primeira comparecencia ao fío dos primeiros datos , o secretario de organización Ricardo Varela afirmou que "imos camiño de converternos no primeiro partido político de Galiza". "Respecto a Galiza, os datos que temos de todas as enquisas mostran que avanzamos tanto en porcentaxe como en número de votos", afirmou o conselleiro de Traballo. Con todo, Varela, preguntado sobre si o PSdG logrará desbancar ao PPdG no país, indicou que "hai que esperar". O político admitiu que "os datos que manexa o partido socialista son previos aos comicios". Enquisa a pé de urna Segundo a enquisa da CRTVG, o avance socialista en Galiza producíriase en Ourense, onde pasaría de 1 a dous representantes debido a un retroceso do Partido Popular. No resto de provincias repetería resultados, indica o citado estudo. Así, por exemplo, non habería cambios en Lugo (2 deputados), nin en Pontevedra (3) nin na Coruña (4). A nivel galego, segundo o inquérito elaborado por Ipson para a CRTVG, os socialistas repetirían resultados, con 10 deputados, 11 no escenario máis positivo.
Touriño ledo tras a victoria de ZP.
1 / 9
Descargar Tarifas