PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
editorial
Votar en liberdade é a maior condena da ETA

Xan Carballa

Reloxo 07.03.2008 | 22:35

O cruel asasinato de Isaías Carrasco, militante do Partido Socialista de Euskadi, golpea as conciencias da cidadanía a menos de 48 horas de abrirse os colexios electorais. A vontade da organización terrorista ETA de condicionar os resultados semella evidente e reclama de todos e todas nós unha resposta que, por obvia, podería non parecer necesario resaltar: acudir ás urnas a votar en conciencia, sen sentir as nosas decisións coartadas polo crime.

O símbolo principal da liberdade individual e colectiva é o que cristaliza cada vez que exercemos o dereito ao voto. Elixir os proxectos, escoller entre a pluralidade de propostas, apoiar aquelas ideas e persoas que máis capaces consideramos para construír un futuro mellor, teñen o seu momento principal cando exercemos o dereito ao sufraxio. E tres características básicas acompañan a este dereito inalienábel, o seu carácter directo, secreto e libre. Para que ninguén poida dicir, coñecidos os resultados, que foron consecuencia das balas e da angustia, o día 9 a resposta máis definitiva, a condena máis incontestábel, é acudirmos a votar sen sentir a presión do terrorismo e o seu desexo de dobregar a vontade dunha sociedade plural.

 

Xan Carballa é subdirector de A Nosa Terra.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río