PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Consello da Xunta
Touriño non descarta máis modificacións no Plan Acuícola

Redacción .  Sinalan que queren defender o medioambiente pero que “este país quere ter futuro en termos de empregabilidade” e competitividade económica.

Reloxo 06.03.2008 | 14:02

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, non descartou posíbeis modificacións no Plan Acuícola da Xunta, aínda que resaltou a necesidade de que Galiza “non perda esa oportunidade estratéxica”. Preguntado polas queixas dos grupos ecoloxistas, Touriño afirmou que “o plan está en trámite, para ser debatido e escoitar as diferentes posicións”, indicando que, unha vez se avalíen todas as posturas, “a Xunta tomará a decisión”.

A clave, segundo afirmou, será equilibrar o factor económico e o medioambiental. “Este plan nace coa vocación de que Galiza teña acuicultura e siga en posición de liderado, e queremos facelo respectando ao máximo o desenvolvemento sostíbel e o medio ambiente, que é unha aposta troncal deste Goberno”, sinalou.

Touriño defendeu a aposta “histórica” da Xunta en materia de protección ambiental. “Imos buscar o equilibrio porque este país tamén quere ter futuro en termos de empregabilidade”, contratou.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río