Redacción . A Asociación pola Defensa da Ría acredita a súa protesta con imaxes tomadas por satélite.
Por segunda vez ante a Consellaría de Medio Ambiente e terceira ante a Dirección Xeral de Costas, a Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR), presentou unha denuncia contra ENCE, nesta ocasión polo “recheo parcial e ilegal da balsa de decantación número catro do complexo industrial de Lourizán”. Para consultar a denuncia prema aquí
Balsa 4 de Ence, agora
1 / 2
As denuncias presentadas anteriormente foron rexeitadas, chegando a sinalar a Administración que o recheo non existía. Dende APDR, achegan imaxes tomadas de Google Earth para amosar a realidade das súas queixas e critican “a complicidade das administracións” con Ence.
“É evidente que a empresa, coa tolerancia de Administración e sen autorización ningunha, procedeu a efectuar recheo na balsa, que non está impermeabilizada, lonxe de tratar os sedimentos con extrema cautela”, como está recomendado.
Descargar Tarifas