PUBLICIDADE
Venres, 19 de marzo de 2010
BOICOT A MARÍA SAN GIL
Un cento de mozos concéntrase a prol dos procesados

Redacción .  A Asemblea Xeral de Estudantes da USC leva recollidas 'unhas poucas decenas de sinaturas' pedindo a dimisión da Decana de Económicas.

Reloxo 28.02.2008 | 08:36
TAGS: San Gil , AGIR , USC , PP , ,

O tempo non acompañou a protesta na Praza do Toural O tempo non acompañou a protesta na Praza do Toural. AGN

Un cento de mozos concentráronse o mércores en Santiago en solidariedade cos procesados tras o boicot a política conservadora María San Gil. Convocados pola Asemblea Xeral de Estudantes da USC, os manifestantes pediron a dimisión da decana de Económicas, María Teresa Cancelo.

En liberdade con cargos

Segundo informa AGIR, a Asemblea leva recollidas dende a semana pasada 'unhas poucas decenas de sinaturas' entre alumnos, profesores e traballadores da Universidade en defensa dos cinco mozos que están en liberdade con cargos.

A Asemblea acusa a Cancelo de programar “un mitin de partidista” na Facultade. Tamén considera que a decana está a realizar unha “caza de bruxas”, en referencia aos intentos de expulsar aos estudantes participantes no boicot e ilegalizar a AGIR.

A Asemblea Xeral de Estudantes organizou numerosas protestas contra o Plano de Boloña. Nela participan, estudantes -pero non organizacións- das facultades de Historia, Xornalismo, Filoloxía e Filosofía; segundo figura na súa web.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río