PUBLICIDADE
Mércores, 17 de marzo de 2010
Decreto do ensino
O 40% dos centros do Salnés incumpren a lei do galego

Ana Camiño Con todo, un informe da Coordinadora de ENDL di que estes datos supoñen unha “mellora considerable” no uso da lingua.

Reloxo 19.02.2008 | 08:00

A Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (ENDL) emitiu un informe no que apunta que o 40% dos centros de ensinanza secundaria do Salnés incumpren o decreto do galego no ensino.

Así, catro de cada dez centros non empregan o galego na metade das asignaturas, tal como estipula a legalidade vixente.

Mellora “considerable”

Aínda así, a Coordinadora indicou que estes datos supón unha “mellora considerable” en canto ao grao de cumprimento do novo marco legal en materia lingüística.

Neste sentido, salientaron que a maior parte dos centros (aproximadamente o 50%) manifestan unha “alta porcentaxe” de uso do galego, “cando menos a nivel oral”.

Reclamacións

Aínda así, os equipos de normalización lingüística reclamaron “con urxencia” maior formación neste campo para o profesorado, dotación de recursos para os ENDL e o compromiso coa lingua por parte da sociedade e dos medios de comunicación.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río