PUBLICIDADE
Xoves, 18 de marzo de 2010
No Consello da Cultura
Preséntase o Anuario 2007 do CEG de Montevideo

Redacción .  O profesor Carlos Zubillaga, director do Centro de Estudos Galegos de Montevideo, presentou este martes a publicación, única non só na emigración galega no Uruguai, senón tamén no universo da diáspora galega.

Reloxo 27.11.2007 | 18:26

Carlos Zubillaga e Pilar Cagiao Carlos Zubillaga e Pilar Cagiao

O Centro de Estudos Galegos nace no 96 como resultado do convenio de cooperación entre a Facultade de Humanidades e Ciencias da Educación da Universidade da República e a Dirección Xeral de Política Lingüística, hoxe Secretaría Xeral, da Xunta de Galicia, como “un ámbito de ensinanza, investigación e extensión”. Dende entón traballa de xeito sistemático, como se recolle nos once anuarios publicados.

Un ano máis de entendemento

O correspondente a 2007 abrangue os relatorios do Coloquio de Cultura Galega celebrado o pasado mes de agosto en Montevideo. Entre eles figuran traballos de Pilar Cagiao ("Mulleres na inmigración galega no Uruguai") e Ramón Villares, Presidente do Consello da Cultura, que fala de "Transición democrática e autonomía en Galicia: uns anos decisivos".

Carlos Zubillaga referiuse ao "esforzo sostido" polos responsábeis do Centro de Estudos Galegos, e lembrou que esta iniciativa débese ao traballo e o compromiso das Asociacións arxentina e uruguaia de fillos de galegos, creadas nos primeiros anos da década dos 60.

Pola súa parte, a profesora Pilar Cagiao Vila, da Comisión Técnica do Arquivo da Emigración Galega, do Consello da Cultura, agradeceu o traballo feito e, particularmente, o impulso debido a Carlos Zubillaga, “o seu activo papel en todo o relacionado con Galiza no Uruguai”.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río