PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
O PPdG FALA DE 'ESPIRAL DE VIOLENCIA
'Tentan crear un conflito onde non o hai'

E. P O nacionalista Aymerich responde ao PP e cualifica o boicot de “anecdótico”. O PSdG tamén rexeita unha declaración institucional que vincula a liorta coa defensa do castelán.

Reloxo 13.02.2008 | 16:20
  • María San Gil na súa intervención, coa protesta de fondo (MP3, 00'45'', 532 KB)

Vídeo dos incidentes na charla de San Gil. Youtube:criterio Esquerda   1 / 4  Dereita   Os tres grupos parlamentarios non lograron o martes alcanzar un acordo para aprobar na Cámara galega unha declaración institucional conxunta de condena do intento de boicot que sufriu onte en Santiago a presidenta do PP vasco, María San Gil.

Así, PSdeG e BNG presentáronlle ao PPdeG o seu propio texto, no que se reafirma á sociedade galega como "exemplo de convivencia pacífica e democrática". Tamén se condena "sen paliativos" os actos violentos sucedidos na Facultade de Económicas e exprésase a solidariedade con San Gil e cos membros das forzas de seguridade afectados.

Postura do PP

O PP asegurou que estaba disposto a apoiar esta moción se se incluíse un terceiro punto relativo á "pluralidade lingüística", en que que se recollese que os actos de violencia que segundo os populares se produciron nos últimos días "veñen saíndo do mesmo grupo ou grupúsculo ideolóxico".

Nunha rolda de prensa a rematar o pleno, o voceiro do Grupo Popular, Manuel Ruiz, denunciou a existencia dunha "espiral de violencia" na comunidade e citou, ademais do intento de agresión a María San Gil, a detención de dous presuntos terroristas en Porto do Son, as explosións atribuídas a Resistencia Galega e incidentes en actos da Mesa pola Liberdade Lingüística e de Galicia Bilingüe.

Por iso, o deputado popular considerou que "non se pode dar en ningún caso síntomas de flebeza" e advertiu de que "é hora de poñer mans á obra", comezando pola declaración de condena. "Xa vimos que noutros lugares este tema escapou das mans, quizais pola flebeza dos grupos", concluíu.

Responde o Bloque

Pola súa parte, en declaracións aos medios tras o pleno, o nacionalista Carlos Aymerich e o socialista Ismael Rego, coincidiron en atribuír a negativa dos 'populares' a sumarse á súa moción a un "intento de manipulación" dos sucesos e de "utilizalos politicamente".

Neste sentido, Aymerich acusou o PPdeG de buscar "importar a Galicia dinámicas doutras partes do Estado", ao propoñer na súa declaración facer alusión a uns incidentes acontecidos nos pasados días en varios actos de Galicia Bilingüe e Mesa pola Liberdade Lingüística. Deste modo, esgrimiu que os 'populares' "patrocinan" estas asociacións en defensa do castelán e que, na súa opinión, van en contra da convivencia lingüística.

"Intentan crear un conflito social onde non o había", remarcou, e acusou ao PP de facer da lingua "unha bandeira" para "dirixir" cara á súa órbita a un "sector extremista que sempre existiu na sociedade galega". Con todo, advertiu de que non contarán co apoio do Bloque, e resaltou a súa aposta polo galego e a identidade cultural como elementos de convivencia.

“Illados e anecdóticos”

Por iso, aínda que recoñeceu que hai que estar "vixiantes" para que incidentes "illados e anecdóticos non se sigan producindo", o deputado nacionalista xulgou "unha obscenidade" que a oposición busque "dar unha imaxe catastrófica do país en beneficio electoral".

A postura do PSOE

Pola súa banda, o socialista Ismael Rego incidiu nesta argumentación e culpou o líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, por facer un "uso electoral" do acontecido á súa compañeira de partido. Caeulle a careta", resaltou o parlamentario, e mostrouse convencido de que San Gil si "saberá estar á altura" e aceptará a solidariedade expresada por ambas as dúas forzas.

Ademais, fixo fincapé en que é "a intransixencia de Feijóo" a responsable de que non se alcanzase un acordo e sinalou que os socialistas "non se van prestar a ningunha cerimonia da confusión". Nesta liña, interpretou o texto do PP como un intento de ofrecer unha imaxe "coma se a comunidade estivese en Estado de excepción".

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río