PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
POLÉMICA NA UNIVERSIDADE
Económicas pide expulsar aos manifestantes e AGIR

Redacción .  A decana enfróntase ao reitor por non ter autorizado a entrada dos antidisturbios para protexer a San Gil. Senén Barro decidirá tras un “informe exhaustivo”.

Reloxo 13.02.2008 | 10:52
TAGS: San Gil , AGIR , USC , PP , Cancello , Barro ,
  • María San Gil na súa intervención, coa protesta de fondo (MP3, 00'45'', 532 KB)

Vídeo dos incidentes na charla de San Gil. Youtube:criterio Esquerda   1 / 7  Dereita   Maria Teresa Cancelo Márquez, decana da Facultade de Económicas, vai solicitar que a Universidade de Santiago expulse aos os estudantes que participaron no boicot a líder popular María San Gil. Cancelo tamén quere que AGIR sexa eliminada do rexistro de asociacións de estudantes da USC.

Cancelo argumentou, en declaracións á Radio Galega, que os presuntos autores da liorta do martes “non merecen chamarse estudantes da USC”. Tamén indicou que cómpre que AGIR non reciba subvencións da USC nin conte con locais nos campus.

Versión de AGIR

Pola súa banda, AGIR admitiu “ter organizado entre a súa militancia un boicot”, pero o colectivo independentistas nega ter sido quen convocou a polémica protesta; na que di participaron “decenas de estudantes non adscritos a AGIR”.

Denuncia na Policía

Fontes oficiais da USC indican que Cancelo está a redactar un “informe exhaustivo” dos incidentes. Baseándose neses datos, o reitor, Senén Barro, podería decidir sancións aos estudantes ou a AGIR en breve plazo. A Universidade tamén confirma que a decana presentou unha denuncia ante a Policía, polo que a liorta terá consecuencias xudiciais.

A Universidade está a traballar na identificación dos mozos que presuntamente agrediron a San Gil e a súa escolta. En todo caso, non todos os manifestantes enfrontáronse fisicamente aos axentes nin todos eles son membros da comunidade universitaria.

Críticas a Barro

Cancelo criticou que o reitor non permitira a entrada dos antidisturbios na Facultade. Senén Barro defendeuse asegurando que “non foi necesario que entrara a Policía” pois a seguridade privada da USC e os escoltas de San Gil foron quen de preservar a integridade da política conservadora, segundo dixo na Radio Galega.

Barro cualificou o boicot de “intolerábel” e indicou que os antidisturbios “estaban no contorno do centro” por se era necesario a súa intervención; algo que non considerou oportuno malia estar en “permanente contacto” co que sucedía en Económicas.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río