PUBLICIDADE
Venres, 19 de marzo de 2010
PP, PSdeG e BNG condenan os actos violentos contra María San Gil

E. P As tres forzas políticas con representación no Parlamento galego condenaron os actos violentos dos que foi obxecto hoxe a presidenta do PP vasco, María San Gil, cando se dispuña a pronunciar unha conferencia na Facultade de Económicas de Santiago de Compostela e coincidiron en apostar pola liberdade de expresión.

Reloxo 12.02.2008 | 19:52

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, cualificou de "gravísimos" os incidentes protagonizados por un grupo de estudantes que se definiron como independentistas porque se produciron nunha facultade, "templo da liberdade de expresión e a liberdade de cátedra" e resaltou que María San Gil confesoulle que nunca lle pasou algo semellante en ningún lugar de España nin do País Vasco".

Feijóo advertiu que non se pode ser morno con actitudes totalitarias" e alertou de que, "ou o Goberno frea esta morneza e esta incomprensión ou a escalada de violencia pode agrandarse nas próximas semanas". O PPdeG recordou ademais que o pasado venres unha persoa que asistía a unha concentración da Mesa pola Liberdade Lingüística na Coruña foi agredida.

PSdeG

Pola súa banda, o secretario de Organización do PSdeG, Ricardo Varela, expresou o rexeitamento "sen paliativos" do seu partido a "os actos de violencia" sufridos por San Gil, á cal trasladou "todo o seu apoio e solidariedade". Así, lamentou que non se respecten os valores de convivencia democrática".

Fronte a estas actitudes, o PSdeG defendeu "firme e enerxicamente" a liberdade de expresión e reafirmou o seu compromiso "unánime" contra calquera tipo de violencia, coacción ou ameaza. "Os violentos non conseguiron nin conseguirán dobregar nunca o Estado de Dereito", aseverou.

BNG

O BNG tamén censurou "as actitudes violentas" do grupo de estudantes porque subliñou que "violentar un acto público, sabotear unha conferencia, é unha práctica incompatible coas regras máis elementais da democracia e co necesario respecto ao pluralismo político".

"Ningunha opción política debe ser censurada nin privada do uso da palabra nin da posibilidade de expresarse libremente, porque a esencia da democracia é precisamente o contraste de posicións distintas que sempre e en todo caso, deben formularse por métodos pacíficos e non violentos", aseverou o Bloque nun comunicado.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río