Redacción . A organización da mocidade independentista AGIR indica que foi a organizadora do boicot que o martes sufriu a presidenta do PP, María San Gil, na Facultade de Económica da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Manifestantes con carteis do grupo independentista AGIR.
1 / 2
AGIR xustifica esta acción dicindo que “en plena campaña electoral española, a USC, ousou traer sen ningún rubor a unha das máis altas representantes da represión social e política en Euskal Herria”. O grupo cualifica a San Gil de “fascista” e “popular extremista”.
Feridos “de escasa gravidade”
Sobre a liorta, AGIR defende que os escoltas de San Gil comezaron os incidentes. Acúsaos de “arremeter con decisión contra os estudantes nada máis entrar na Facultade”. Os estudantes falan de “patadas”, “porrazos” que causaron en varios “mancados e mancadas de escasa gravidade”.
Por último, din que a USC, que condenou a protesta, é “cómplice do terrorismo de Estado, da tortura e da violación de dereitos elementais”.
Descargar Tarifas