PUBLICIDADE
Mércores, 17 de marzo de 2010
Na tarde do venres
Unha manifestación polo galego continúa malia a carga policial

Lara Rozados Unhas 200 persoas responderon, no Obelisco da Coruña, á manifestación do grupo Mesa por la Libertad Lingüística.

Reloxo 09.02.2008 | 14:40

Os antidisturbios golpearon aos manifestantes Os antidisturbios golpearon aos manifestantes. Indymedia/GalegoIndignado Esquerda   1 / 2  Dereita   A contramobilización foi convocada espontaneamente, a través de teléfonos móbiles, e dobraba á manifestación inicial en número de asistentes. Como conta María Xosé Silvar, da asociación cultural Arestora, a contramanifestación congregou a estudantado de filoloxía, asociacións de música tradicional, como a propia Arestora, xuvenís, como Xacarandaina ou Briga, ou culturais, como Alexandre Bóveda. Conta como, ás 20.15, chegaron catro furgonetas da policía, e ao pouco de comezar a manifestación, empezou a carga "totalmente gratuíta, e no momento en que estabamos, ademais, retrocedendo. Pódese ver nas fotos como nos estabamos afastando e lle bateron a un rapaz polas costas".

María Silvar destaca o carácter pacífico da contramanifestación. "Quen insultaba e provocaba eran eles, con berros como "Viva España", que demostran que non é precisamente igualdade o que queren". Amais, conta como os asistentes á manifestación convocada por Libertad Lingüística comezaron a aplaudir cando foi a carga. O resultado da malleira foron, amais do rapaz que recibiu os golpes de porra polas costas cando estaba a retirarse, unha rapaza con contusións no estómago, e un cativo de doce anos con golpes nun brazo".

María sinala tamén que a única resposta á carga foi "sacar as pandeiretas e gaitas e poñérmonos a cantar e a bailar, mesmo a xente que acababa de ser agredida. Tocouse a Marcha do Antigo Reino e uníusenos máis xente". Amais, ela foi pedirlle a un dos policías que agredira á rapaza a súa identificación, e este negoulla. Tamén recibiron ameazas por parte da policía cando tentaron sacar fotografías. A manifestación de Libertad Lingüística rematou por disolverse pasadas as 21.00, "e aínda marchaban dicindo que nos ían denunciar, e que "á próxima manifestación virían con nenos".

"Só queremos defender os poucos dereitos que nos quedan"


"O único que estabamos a facer era defender os poucos dereitos que nos quedan", sinala María Silvar. "Somos nós quen levamos sete séculos de represión. Eu oposito para mestra de secundaria e vexo que nos colexios non se cumpre a lei para nada, mesmo a propia materia de lingua e literatura galega chega a darse en castelán".

Afirma que a nivel legal é complexo que grupos coma este cheguen a modificar algo, pero preocúpalle "a súa capacidade para manipular, aproveitando a sensibilidade da xente, empregando un discurso totalmente demagóxico en que se fan vítimas. Vítimas de que? Non lembran o franquismo? Cantos mortos por expresarse en castelán teñen que ir visitar aos cemiterios? De cantos nenos se rin no colexio por falaren español?"

Tamén salienta como "xogan coa sensibilidade da xente facendo analoxías sen sentido: que comparen a un grupo onde había xente de asociacións culturais, de todas as franxas de idade e de todo tipo con grupos terroristas, ten unha intención. Que vai ter que ver unha vella das que vén a clases de pandeireta coa Kale Borroka? Pero saben moi ben como manipular, aprovéitanse da ignorancia".

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río