PUBLICIDADE
Luns, 15 de marzo de 2010
Patrimonio cultural
Todas as mámoas serán declaradas BIC

Redacción .  Entre elas, as 15 cámaras que integran o Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte.

Reloxo 08.02.2008 | 18:04
TAGS: patrimonio , BIC , dolmen , mámoas , castros ,

Dolmen de Dombate Dolmen de Dombate. Flickr: besbe A Consellaría de Cultura e Deporte adquirirá este ano 14 destas mámoas, situadas nos municipios de Vimianzo, Zas, Laxe, Mazaricos, Malpica, e Carballo. Pasarán así a formar parte do patrimonio público, e integrarán o Parque xunto co Dolmen de Dombate. Amais, a Consellaría comezou os estudos para declaralas Bens de Interese Cultural (BIC), a máxima categoría de protección cultural, da que hoxe só gozan os dolmens de Axeitos e Dombate e o conxunto de mámoas de Santa Mariña.

Ampliarase esta categoría, tamén, ao conxunto das cámaras megalíticas de Galiza. Segundo o caso, declararanse BIC como monumento ou como zona arqueolóxica. A Dirección Xeral de Patrimonio realizou xa os estudos previos para efectuar a primeira diagnose do estado de conservación destes monumentos megalíticos, e das deficiencias que presentan e as súas potencialidades. A Consellaría estuda a forma de incorporar ao patrimonio público cada un destes xacementos arqueolóxicos: cesión, compra ou expropiación, segundo o caso.

Rede Galega do Patrimonio Arqueolóxico

O Parque do Megalitismo formará parte desta rede, un programa para pór en valor o patrimonio cultural de natureza arqueolóxica e impulsar a súa conservación e promoción social e económica. A rede estará formada por cinco centros de referencia. Cada parque conta cun centro de interpretación especializado na súa área temática e ligado a un xacemento arqueolóxico. Estes centros albergarán exposicións divulgativas, restos arqueolóxicos e contarán con materiais e espazos para a realización de labores de investigación.

Ademais deste, integran a rede outros catro outros catro parques: o Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa situarase en San Cibrao de Lás, nos concellos de San Amaro e Punxín (Ourense), cunha superficie de 25 hectáreas, xunto ao castro máis grande da Idade de Ferro en Galiza; o Centro de Interpretación da Arte Rupestre de Campo Lameiro acollerá un dos xacementos de petróglifos máis importantes de Galiza. Para estes dous parques está previsto un investimento de 10,6 millóns de euros, e o remate das obras agárdase para o 2009.

Tamén se asinou un acordo para a creación dun parque dedicado a época galaico-romana, no antigo cuartel de San Fernando, en Lugo, co seu Centro de Interpretación e Museo da Romanización. O quinto parque estará dedicado ao patrimonio arqueolóxico subacuático, e situado no Museo do Mar, que a finais de 2007 volveu abrir as súas portas en Vigo.

Xacementos arqueolóxicos declarados BIC

A declaración como BIC de todos as cámaras megalíticas de Galiza enmárcase no traballo que está a desenvolver a Dirección Xeral de Patrimonio para ampliar os xacementos arqueolóxicos acollidos a esta categoría. 20 dos nosos castros máis sobranceiros e 23 estacións de petróglifos da provincia de Pontevedra, ou os xacementos romanos, son os próximos obxectivos.

Descarga a lista de mámoas que forman parte do Parque Arqueolóxico do Megalitismo, e de castros que están a piques de ser declarados BIC.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río